Sociedades dos emigrantes naturais de Dodro

Memoria documental das sociedades da emigración galega

Sociedades dos emigrantes naturais de Dodro

Bos Aires, 1913 ata a actualidade

Xoves, 25 de abril de 2024
consellodacultura.gal
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega

Sociedades dos emigrantes naturais de Dodro

Bos Aires, 1913 ata a actualidade

consellodacultura.gal
HIJOS DE LAS TRES PARROQUIAS DE DODRO (Bos Aires, 18 de maio de 1913, funcionou ata 1940)
Un grupo de emigrantes naturais de Dodro na Arxentina crearon esta sociedade coa finalidade principal de apoiar economicamente á Sociedade Agraria de San Xulián de Laíño, unha das parroquias do seu concello natal e polo tanto para loitar contra o caciquismo local e axudar no desenvolvemento da instrución da xuventude da súa terra natal. Ao pouco tempo da súa fundación, realiza un envío de 6000 pesetas para a construción en Tallós dun edificio, que debía funcionar como a súa sede e no que debían habilitar unhas aulas para escola dos nenos e nenas da parroquia. Este edificio foi inauugrado en decembro de 1916. Para coñecer máis datos pódese consultar na web do Consello da Cultura Galega Escola de Tallos.
Esta entidade formou parte da «Federación Agraria del Distrito de Padrón en Buenos Aires», entidade que tiña como voceiro a revista El Eco de Teo.
En 1940 pasa a ser unha entidade cultural e recreativa o que provoca numerosas disensións entre os socios e leva a súa disolución.



Documentación “HIJOS DE LAS TRES PARROQUIAS DE DODRO” que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega

ACTA de constitución (18 de maio de 1913)
LIBRO DE ACTAS. Reunións da Comisión de Propaganda y Fiestas (1936-39)
REXISTRO de socios dos seguintes anos:
- Libro (1914)
- Listado (1937)
REGULAMENTO social (1936)
CORRESPONDENCIA:
- Recibida (1913-17)
- Enviada (1913-40)




HIJOS DE LESTROVE (Fundada na capital arxentina en 1913. Non existe na actualidade)
Esta sociedade instrutiva e agrarista foi creada por un pequeno número de emigrantes naturais do lugar de Lestrove do concello de Dodro residentes en Bos Aires, que decidiron non formar parte da sociedade «Hijos de las Tres parroquias de Dodro» –fundada tamén nese mesmo ano–, pois desexaban priorizar os seus esforzos na axuda máis concreta para os seus veciños e veciñas máis achegados.
Xa ese mesmo ano de 1913 hai constancia do seu envío de cartos para axudar á construción dunha praza pública no lugar de Lestrove. En 1916 organiza un festival cuxa recadación foi destinada para o fondo social da «Federación Agraria del Distrito de Padrón en Buenos Aires», para apoiar a loita contra o caciquismo e a favor do desenvolvemento agrario da súa comarca natal.



Documentación “HIJOS DE LESTROVE” que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega

LISTADO DE SOCIOS manuscrito datado o 19 de xuño de 1943 e asinado polo secretario social, Ramón Mourelle




UNIÓN RESIDENTES DE DODRO (Bos Aires, 1940)
Fundada en Bos Aires o 17 de novembro de 1940. Poucos meses despois da disolución da «Sociedade Cultural Hijos de las Tres parroquias de Dodro», os emigrantes naturais dese concello que residían na capital arxentina deciden reorganizarse e crear unha nova entidade con fins mutualistas e recreativos que denominan «Unión Residentes de Dodro» e que continúa a traballar a prol dos seus socios e socias na actualidade.



Documentación “UNIÓN RESIDENTES DE DODRO” que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega

LIBROS DE ACTAS. Reunións da Comisión Directiva:
- 1946-1952
-
1967-1989
LIBRO rexistro de socios (1940-81)
CORRESPONDENCIA
- Enviada (1940-1949)
- Recibida (1949-1947)
INFORMES actividades societarias presentados nas asembleas xerais de socios
- 3 de agosto de 1941
- 19 de abril de 1942
DOCUMENTACIÓN relativa á organización dun festival societario celebrado o 30 de maio de 1942

 
Especial.
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Sociedades dos emigrantes naturais de Dodro
Bos Aires, 1913 ata a actualidade
Data de publicación
Xoves, 25 de abril de 2024
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)