Encontro - Xardíns históricos: a protección dun patrimonio cultural. EMPC#45 | 11 de xuño de 2024

Xardíns históricos: a protección dun patrimonio cultural

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural Encontro

Xardíns históricos: a protección dun patrimonio cultural

EMPC#45 | 11 de xuño de 2024
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Xardíns históricos: a protección dun patrimonio cultural

EMPC#45 | 11 de xuño de 2024 Santiago de Compostela
Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC) son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) que comezou en novembro de 2015. Teñen como obxectivo xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural, en xeral, e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os protagonistas dos encontros son a sociedade, o elemento patrimonial, o debate e a reflexión. Ata o de agora centráronse en proxectos de arqueoloxía, rehabilitación, arquitectura ou historia da arte —mesmo con enfoques interdisciplinarios—, así como na xestión patrimonial, na divulgación do patrimonio, na participación cidadá e incluso no conflito patrimonial. Tamén se centraron en patrimonios esquecidos e vivos, materiais e inmateriais, amigables ou conflitivos, e nas políticas patrimoniais, os encontros e des-encontros.

No EMPC #47 queremos abordar os problemas de conservación e valoración dos xardíns históricos como bens culturais, afondando en tres aspectos: a importancia do coñecemento histórico e da súa divulgación, as demandas dos titulares e dos profesionais implicados na súa restauración e o papel determinante que ten a veciñanza na defensa pública destes bens.

Atendendo ao rico patrimonio co que contamos en Galicia en materia de xardíns históricos e ás boas condicións naturais que o favorecen, e tendo próximo o exemplo doutros países da contorna, sorprende a escasa atención que a arquitectura do xardín esperta na sociedade e a exigua proxección pública respecto dos seus coetáneos europeos.

Ademais, os riscos latentes —tanto naturais como urbanísticos—, os catálogos de protección deficientes e mesmo o cambio de gustos e modas amósannos a vulnerabilidade duns bens que moitas veces son considerados como zonas verdes ou soares susceptibles de edificación. Neste senso, o debate sobre a súa preservación faise necesario para definir cal é o papel das administracións públicas na conservación dun patrimonio que se atopa maioritariamente en mans privadas.
Ficha técnica 
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Xardíns históricos: a protección dun patrimonio cultural
Cando
EMPC#45 | 11 de xuño de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Ricardo Varela
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Imaxe da portada: Ricardo Varela