Especial - Círculo Habanero de los Naturales de la Devesa. Xoves, 27 de xuño de 2024

Círculo Habanero de los Naturales de la Devesa

Memoria documental das sociedades da emigración galega

Círculo Habanero de los Naturales de la Devesa

A Habana, 31 de xaneiro de 1911 ata a actualidade

Xoves, 27 de xuño de 2024
consellodacultura.gal
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega

Círculo Habanero de los Naturales de la Devesa

A Habana, 31 de xaneiro de 1911 ata a actualidade

consellodacultura.gal
A sociedade Círculo Habanero de los Naturales de la Devesa, Sociedad de Instrucción y Recreo foi creada na Habana por un grupo de emigrantes naturais da parroquia de Santalla da Devesa do concello lucense de Ribadeo baixo o nome de «Círculo Habanero, Sociedad de Instrucción y Recreo».
Dende finais do século XIX os numerosos emigrantes residentes na illa de Cuba e nacidos nesa parroquia organizan varias iniciativas para acadar cartos a prol do progreso na súa terra natal. O 6 de maio de 1899 publícase a noticia en El Eco de Galicia da Habana co chamamento dun grupo de devesáns para recadar fondos cos que construír unha escola na parroquia natal. En poucos meses reúnen a cantidade de 4500 pesos/ouro español que será custodiada por Bernardo Moreda entre outros membros da colectividade. Tras varios intentos de constituír unha asociación, tanto en Cuba como na Devesa, será a finais de 1911 cando se crea esta sociedade na capital habaneira. Entre os seus fundadores destacan José A. Acevedo Martínez –quen será o seu primeiro presidente e un dos seus principais promotores–, José R. Alonso, Ramón P. Murias, José A. Posada, Justo Raimundo, Melchor Rodríguez, Benito F. Fernández, José F. Fernández, José M. Graña, Ángel Ríos, Antonio Pérez, José Molejón, Isidro Martínez e Benito Fernández entre outros.
A comezos de 1912, reúnense cunha comisión dos doantes da subscrición –algúns deles xa retornados a Galicia–, para chegar a un acordo e investir o capital reunido na construción dun edificio na Devesa. Paralelamente crease unha asociación co mesmo nome na Devesa (1910) e unha delegación en Tampa (Florida) para apoiar o proxecto. En 1921 inaugúrase este recinto recreativo no que destaca un magnífico edificio destinado a casino, biblioteca e salón de reunións e dous máis pequenos dedicados a escolas de ensino primario gratuíto para todos e todas as nenas da Devesa e das parroquias veciñas de Rinlo e Vilaframil. Estes centros educativos foron cedidos ao concello de Ribadeo en 1928. O edificio –chamado como a sociedade que o fundou–, continúa a día de hoxe como centro sociocultural da parroquia.
Varios socios da entidade habaneira, retornados a Galicia, serán nomeados polo Centro Galego da Habana como membros do Patronato encargado de levar a bo fin o legado do indiano devesán Pedro Murias.
Na actualidade o Círculo Habanero é un sociedade recreativa e de axuda mutua con sede no Palacio do antigo Centro Galego da Habana.



Documentación de "Círculo Habanero de los naturales de la Devesa, Sociedad de instrucción y recreo" que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega:

LIBRO DE ACTAS (incompleto) das reunións da Xunta Directiva (1912):
Actas nº. 1, 2, 3 e 6

ACTAS relativas á constitución da sociedade habaneira:
- Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa». Documento datado o 3 de xaneiro de 1912.
- Acta da reunión do 12 de xaneiro de 1912 dos doantes da subscrición de 1899 na que se aproba a cesión dos cartos ao Círculo Habanero. Aparecen as sinaturas de gran parte dos contribuíntes dese legado.
- Transcrición da acta número 1 da sociedade homónima creada na Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio para uso dos e das veciñas da parroquia.

REGULAMENTOS:
- Regulamento da Sección de Propaganda aprobado pola Xunta Directiva o 16 de xuño de 1912
- Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 21 de novembro de 1927

PLANOS para construír o edificio recreativo e as escolas enviados dende A Habana. Están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández en 1920

SOCIOS:
- Libro de rexistro de socios da delegación do Círculo Habanero en Tampa (Florida – Estados Unidos) (7 de agosto de 1924)

Listaxes de socios da sociedade na Habana:
- Listaxe de socios en xaneiro de 1912
- Listaxe de socios datado o 20 de febreiro de 1912, no que consta a cota social
- Listaxe de señores con dereito nas votacións societarias a 31 de decembro de 1920

- Relación nominal dos delegados residentes en Galicia da Comisión nomeada polo Centro Gallego da Habana para a xestión do legado do indiano Pedro Murias

ACTIVIDADES SOCIETARIAS:
RECREATIVAS:
- Programa de actos dunha festa celebrada pola sociedade nos xardíns La Tropical o día 06 de setembro de 1914 na honra dos socios protectores

MUTUALISTAS:
- Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927
- Memoria anual na Asemblea de socios do 22 de xaneiro de 1929 correspondente a 1928
- Copia mecanografada do documento de cesión das escolas do Círculo Habanero ao concello de Ribadeo (A Devesa, 12 de novembro de 1928)

RECIBOS PAGO COTAS:
- Recibo do pago da cota do Círculo Habanero de La Devesa como socio da Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana (1960)
- Modelos de recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana (2)
- Modelo do recibo do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero na Devesa

CORRESPONDENCIA:
- Cartas recibidas (entrada) (1912-13)
- Cartas enviadas (Saída) (1912)
 
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Círculo Habanero de los Naturales de la Devesa
A Habana, 31 de xaneiro de 1911 ata a actualidade
Data de publicación
Xoves, 27 de xuño de 2024
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)