Xornada
As rodas do Bronce Final en Galicia: entre os mortos e para os vivos
4 de xullo de 2024Santiago de Compostela
Xornada
As rodas do Bronce Final en Galicia: entre os mortos e para os vivos
4 de xullo de 2024 Santiago de CompostelaActualmente, aínda que hai aínda controversias relacionadas coa interpretación da a función e o contexto deste tipo de xacementos, xa podemos falar da súa cronoloxía, os materiais e as estruturas que albergan, porque hai 8 xacementos escavados parcialmente.
Aínda que podemos falar que este tipo de xacementos son do Bronce Final, estamos realmente contando unha pequena parte da súa extensa e complexa historia porque estes xacementos presentan unha duración longa no tempo desde a súa construción ata o seu abandono.
Actualmente o número de xacementos deste tipo cartografados supera os 50 en Galicia, e xa podemos empezar a falar de patróns de poboamento na rexión. Nestas xornadas preténdese dar a coñecer por primeira vez en detalle cada un dos xacementos escavados de primeira man polas persoas que dirixiron as escavacións. Ademais, introducirase de forma preliminar unha caracterización territorial dos mesmos. Así mesmo, achegarase a opinión que a administración e a prensa ten das ‘rodas’ como tema mediático en arqueoloxía galega e participará un especialista procedente de Francia que achegará un marco comparativo para os nosos xacementos.
Preténdese albergar un foro de discusión construtivo sobre este novo fenómeno monumental na Prehistoria do noroeste ibérico que podería quizais relacionarse cos cambios que se desenvolven en Europa entre finais do segundo milenio e mediados do primeiro antes de Cristo.
Nota: Os resumos están reproducidos literalmente, como foron entregados polas relatoras e relatores.
Imaxe da portada: Mapa de distribución de rodas escavadas en 2024: EcoPast (elaboración: Luis Cordeiro)
Imaxe da portada: Mapa de distribución de rodas escavadas en 2024: EcoPast (elaboración: Luis Cordeiro)
As rodas do Bronce Final en Galicia: entre os mortos e para os vivos
4 de xullo de 2024 Santiago de CompostelaO henge de A Roda (Barreiros, Lugo)
Juan Carlos López García, arqueólogo, director da escavación

A Roda de Barreiros Fotografía: (foto: Doa S.C.)
O xacemento de A Roda presenta una planta case circular, cunhas dimensións totais de 51 m. de diámetro, defendido en todo o seu perímetro por unha muralla de 3,5 m. de anchura e unha altura que, orixinalmente, podería acadar os 2 m. de altura. Ademais, esta muralla está reforzada cun foxo exterior de 3,8-4 m. de ancho e 1 m. de profundidade. A entrada, situada ó NL, ten unha pequena rampa para salvar o desnivel provocado pola construcción da plataforma na que se asenta o xacemento.
Polo que respecta ós elementos estructurais, sinalar que durante a escavación detectáramos a presencia dalgunhas pedras de bo tamaño para as que non tíñamos unha explicación dende a perspectiva dun xacemento castreño. Sen embargo, unha vez confirmada a nova tipoloxía deste xacemento, a súa presencia adquire sentido, especialmente as dúas de maiores dimensións, que se corresponderían coas denominadas portal stones:
- Pedra 1: de 3,3 m. de altura e 1 m. de ancho, ubicada no lateral interior occidental, xusto ó carón da entrada, onde semella ter sido derrubada in situ cara ó interior do recinto.
- Pedra 2: de 1,35 m. de altura, 0,6 m. de ancho e 0,2 m. de grosor, ubicada no lateral interior occidental, xusto ó carón da entrada e enfrente da anterior. Esta pedra tamén foi derrubada in situ, pero cara á muralla. A súa altura orixinal sería maior, xa que a base, fracturada, estaría inda parcialmente soterrada.
Ambalas dúas pedras, polo tanto, poderían haber estado fincadas e franqueando o acceso ó interior do recinto, una circunstancia que se documenta en diferentes henges británicos. Noutras ocasións, estas portal stones podían estar acompañadas dun stone circle central, como ocurre no henge de Balfarg (Escocia), ou ben formaban parte do propio stone circle, como ocurre no henge de Arbor Low (Inglaterra). Neste caso, e para diferencialas do resto das pedras, con alturas que oscilan entre 1,6 e 2,1 m., os monolitos das entradas tiñan un maior tamaño, entre 2,6-2,9 m. de altura.
Una situación semellante podería ter ocurrido no xacemento de A Roda, xa que ademais das dúas pedras citadas, que poderían haber funcionado como portal stones, no interior do recinto atopamos, de forma dispersa, ata dez pedras que oscilan entre 1,1 m. e 1,7 m. de altura. Tamén atopamos outras 10 ou 15 pedras que terían en torno a 1 m. de altura, inda que neste caso non podemos descartar que a súa presencia esté relacionada co derrumbe do paramento interior, a pesares de que non temos documentado no mesmo ningunha pedra que sobrepase os 70 cm.
Por último, e polo que respecta á cronoloxía deste xacemento, sinalar que os restos materiales amosan unha dualidade cronolóxica que podería refrexar a posible perduración deste xacemento, xa que algúns materiais apuntan á 2ª metade do III Milenio e outros semellan pertencer ós comezos do II Milenio.
As intervencións arqueolóxicas en Ventosiños (Coeses, Lugo): resultados e interpretación do xacemento
Diego Piay Augusto, Universidad de Oviedo

A Roda de Coeses (foto: Diego Piay)
Entre los años 2011 y 2013 se desarrollaron en la parroquia de Coeses, en el concello de Lugo, una serie de intervenciones arqueológicas sucesivas que permitieron documentar lo que, hasta la fecha, era un yacimiento inédito en la arqueológica gallega. El descubrimiento tuvo lugar gracias a una serie de circunstancias afortunadas, que posibilitaron la realización de una excavación en área.
Dicha intervención supuso el hallazgo de un impresionante conjunto del que formaban parte numerosas estructuras y restos materiales datados, principalmente, en la Edad del Bronce. A pesar de tratarse de una excavación de urgencia, en la investigación ulterior participaron numerosos especialistas que hicieron posible el desarrollo de un estudio riguroso. Fruto de dicho estudio se publicaron un artículo académico y una monografía, y el yacimiento se ha convertido en una referencia obligada en las investigaciones sobre el bronce final en el noroeste peninsular. En la presente ponencia se analizarán las estructuras y sus características, los restos materiales exhumados, y la interpretación del conjunto, teniendo en cuenta que todavía existen muchas incógnitas sobre Ventosiños.
A escavación na roda de Lavandeiras (Xove)
Santiago Nogueira Ríos, Ambiotec, e Pilar Prieto Martínez, EcoPast-USC, Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), USC

A Roda de As Lavandeiras (foto: Ambiotec)
O xacemento de As Lavandeiras, localizado no concello de Xove, Lugo, é a terceira ‘roda’ escavada na no rexión no ano 2016. Esta roda ten uns 75 m de diámetro exterior, sendo unha das máis grandes escavadas en Galicia polo momento. Foi desenrolada nunha actuación de arqueoloxía preventiva vinculada ao modificado da vía de alta capacidade da costa norte, treito Celeiro-San Cibrao (Lugo) pola empresa Ambiotec, S.L. Cando se comezóu a traballar no xacemento, comprobouse que éste sufrira alteracións na súa mitade sur, que limitaban a actuación arqueolóxica, que foi de carácter valorativo. Durante a actuación se traballou con dous estratexias: (1) fíxose unha escavación de 16 m cadrados lineais sobre el perímetro septentrional da roda, onde se identificaron o cerco pétreo, o terraplén e o foxo, foron rexistrados 34 fragmentos de cerámica que se corresponden con 11 recipientes y varias pellas; (2) e realizouse unha limpeza no perfil sur da roda que se corresponde co eixo central do sitio, de uns 70 m, área sepultada por un recheo, onde foi identificado o foxo, sen materiais asociados, e unha estrutura perimetral con 106 pezas, todos fragmentos cerámicos exceptuando un lítico, ademáis nesta estrutura foron atopadas 5 fosas. En xeral o material, ainda que non moi abondante, parece bastante homoxéneo e podería adscribirse ao Bronce Final.
Sondaxes arqueolóxicas no recinto circular de Campo Redondo (Asados, Rianxo)
Julián Bustelo Abuín, GPN-USC

Fragmento de borde rexistrado na roda de Campo Redondo (foto: GEPN-USC)
A pesar da escasa superficie intervida, Campo Redondo revelouse coma un xacemento relativamente complexo e tremendamente interesante dado que non coñecemos outros paralelos na historiografía galega. O xacemento caracterízase pola presenza dunha estrutura principal, un muro pétreo duns 2,30 cm de ancho, que aparentemente configura un espazo circular de aproximadamente 1800 metros cadrados. A estrutura configura un espazo chan que contrasta coa pendente da zona na que se ubica.
A xulgar polas dimensións e potencia dos niveis interpretados como a consecuencia do derrubo da estrutura principal, entendemos que esta non debeu de alcanzar máis de 1 ou 1,5 metros de altitude no seu momento de uso. Tendo isto en conta, así como o feito de que ao nordeste e leste do xacemento, o terreo circundante se atopa a unha cota superior que a da zona na que se atopa a estrutura circular, desbotamos que esta fora levantada cunha finalidade defensiva, e probablemente a súa construción obedeceu ao desexo de delimitar o espazo.
Púidose ademais documentar as características da cara externa do muro que configura a estrutura circular, determinar que esta carece, polo menos na zona intervida, dun foso exterior e paralelo á mesma. Así mesmo, na cara externa do muro localizáronse os restos dun posible pavimento, que marcaría o nivel de uso da estrutura, mais que non foi documentado no sector interno da mesma.
A maiores dos restos de estruturas, un dos aspectos máis destacables da intervención arqueolóxica no Campo Redondo foi a recuperación de material lítico e cerámico, que aínda que non son abundantes, semellan as evidencias máis claras, polo momento, de presenza humana prehistórica no xacemento. O material que recuperado que pode ser considerado como “diagnóstico”, xunto co resultado da datación radiocarbónica – aínda coas cautelas que xa foron sinaladas –, así o certifican.
Resultados das intervencións arqueolóxicas en Outeiro Grande (Bermés, Lalín)
Elena Taboada Durán, Árbore Arqueoloxía (S. Coop. Galega)

A Roda de Outeiro Grande (Imaxe: Árbore S. Coop. Galega)
Outeiro Grande é un xacemento tipo roda situado no Carrio (Lalín) entre as CCMM de Bermés e Abonxo. Foi precisamente o interese dos veciños da CCMM de Bermés o que propiciou a primeira campaña arqueolóxica no outono do 2021 e a súa posterior protección como xacemento, xa que ata ese momento se atopaba sen catalogar.
Presenta un diámetro de 80 m e unha forma case perfectamente circular, aínda que a día de hoxe se atopa alterado pola construción dun parque eólico.
Por este motivo o primeiro paso foi realizar unha reconstrución virtual en base á fotografía histórica, para comprobar a forma do sitio antes da súa afectación polas obras, para logo realizar as propostas de intervención arqueolóxica que se levaron a cabo co financiamento da Consellería de Cultura a través da DXPC.
Ata o momento realizáronse dúas campañas de escavación (2021 e 2022), nas que se puido documentar o sistema construtivo do sitio en dúas zonas diferentes, así como recoller mostras e materiais que nos axudan a entender mellor o xacemento.
Aínda que falta moito por saber xa que nos atopamos nun estadio moi inicial das investigacións, as datacións obtidas ata o momento lévannos a distintos momentos da Idade do Ferro, e as evidencias obtidas en campo lévannos a pensar que se realizaron sobre o xacemento actividades relacionadas co lume e eventos de combustión de bastante envergadura.
Experiencia circular na Ribeira Sacra ourensá: a roda dos Castrullos (A Senra, Forcas, Parada de Sil)
Eduardo Breogán Nieto Muñiz, Breogán Arqueoloxía

A Roda de Os Castrullos (foto: Breogán Arqueoloxía)
O círculo ou roda dos Castrullos era coñecido coma un xacemento ou castro “estrano”, ata que grazas ás novas técnicas de prospección dixital do territorio se deu a coñecer coma un sitio más das chamadas rodas da Idade do Bronce. Colgado nun esporón de amplo dominio sobre o Canón do Sil e a Ribeira Sacra ourensá, pódese vincular con outros sitios coetáneos próximos: coma o lugar de aparición da célebre espada de Forcas, o castro de Santa Cristina ou varios petróglifos de coviñas próximos, sitios todos eles adscritos á Idade do Bronce.
No ano 2021, a proposta do Concello de Parada de Sil, acadouse un convenio de colaboración coa DXPC para a investigación no xacemento dos Castrullos. A través de varias sondaxes e o rexistro da sección completa do parapeto que define o círculo, recolléronse interesantes resultados, materiais e datacións o afondamento no coñecemento deste novo tipo de sitios arqueolóxicos que se encadran, ou millor dito se arrodean, na Idade do Bronce galega.
O círculo de Vilarello (A Pobra do Brollón): unha fortificación do Bronce Final ou algo máis?
Rodrigo Paulos Bravo, Universidad Complutense de Madrid, e Xurxo Ayán Vila, Universidade Nova de Lisboa

Interpretación hipotética del círculo de Vilarello (reconstrucción: Rodrigo Paulos e Xurxo Ayán).
El círculo de Vilarello se encuentra en la parroquia de Cereixa, en el concello de Pobra do Brollón, al sur de Lugo. Su descubrimiento, gracias a la cartografía LiDAR, reveló un gran relieve circular de unos 55-60 metros de diámetro ubicado en un pequeño rellano de una suave pendiente de la cara norte de la Serra de Pinel, que junto a las de Lamas y Moncai forman la cadena montañosa que separa las depresiones tectónicas de Bóveda-Brollón, al norte, y de Lemos, al sur.
Su ubicación le permite tener una amplia visibilidad del valle del río Saá y del paso natural entre las dos depresiones. Las excavaciones llevadas a cabo en julio de 2023 mostraron la existencia de un gran muro de cinco metros de anchura formado por dos paramentos de mampuestos de cuarcita rellenos de pizarras y sedimento compactado. A este gran muro perimetral lo rodeaba un gran foso exterior de, al menos, dos metros de profundidad excavado en el nivel de roca madre. Al interior de esta estructura circular se documentaron numerosos restos materiales, de los cuales, el más abundante es la cerámica, aunque también destacan el barro constructivo, los fragmentos y manos de molino y una gran hacha pulimentada sobre un canto de cuarcita en perfecto estado de conservación. Pudo observarse también la existencia de estructuras interiores como agujeros de poste y derrumbes de mampuestos que, unidas a la abundancia de barro constructivo, apuntan a la existencia de una cabaña con zócalo de piedra. Todos los sondeos realizados hacia el interior del muro perimetral presentan un nivel de incendio que sella los niveles arqueológicos, de donde se obtuvieron dos dataciones: una entre los siglos XI y IX a.C., y otra entre el VIII y VI a.C. Esto ubica a Vilarello en un momento de la Prehistoria gallega muy mal conocido y abre un debate sobre la naturaleza social, económica y simbólica de estas estructuras de finales de la Edad de Bronce y comienzos de la Edad de Hierro.
O Corro dos Mouros (Adai, Lugo), unha roda con alma de seixo
Pilar Prieto Martínez, EcoPast-USC, CISPAC; Luis Cordeiro Maañón, EcoPast-USC, e Francisco Alonso Toucido, Tempos Arqueólogos

Reconstrucción fotogramétrica e topográfica: EcoPast (elaboración: Pablo López)
O Corro dos Mouros é un xacemento tipo roda situado na parroquia de Santa María Madalena de Adai, no Concello de Lugo. Ten un diámetro exterior de 53 m e foi escavado por primeira vez durante dúas semanas en agosto e setembro de 2023. Aínda que a superficie escavada foi de só 25 m cadrados, documentáronse as estruturas que delimitan o xacemento; un parapeto de terra e xabre e parte do foxo.
No interior foron identificadas algunhas estruturas, tales como burato de poste, algunha fosa de pequenas dimensións, dúas fogueiras, e unha pota cerámica completa in situ a carón dunha lousa de gran tamaño. Identificáronse 3 fases no xacemento: construción, uso e abandono.
A pesar da pequena área escavada, foron recollidos 1233 rexistros, nos que destaca os 622 fragmentos cerámicos (a metade son do recipiente completo atopado), 119 elementos líticos, material construtivo no que destacan 180 fragmentos de pallabarro e 212 elementos pétreos que foron recollidas como mostra do aparello das estruturas. Os materiais atopados presentan características moi parecidos nas tres fases, que apuntan a unha cronoloxía do Bronce Final. Non obstante, estamos á espera das datacións para definir a cronoloxía deste xacemento.
Unha aproximación ás rodas desde unha perspectiva territorial
Luis Cordeiro Maañón, EcoPast-USC, e Pilar Prieto Martínez, EcoPast-USC, CISPAC

Mapa de distribución de rodas en 2024: EcoPast (elaboración: Luis Cordeiro)
Presentamos unha síntese na que exploramos unha nova tipoloxía de xacemento descuberta no ano 2006. Este tipo de xacemento, que denominamos “roda”, presenta unha serie de características ben definidas baseadas nun recinto de forma circular – oval delimitado por un parapeto e foso perimetral.
Maioritariamente, o alto grao de deterioro causado pola exposición a actividades antrópicas, forestais e agrícolas fundamentalmente, provoca que a detección destes xacementos en campo sexa complexa. Por este motivo, é esencial o emprego da tecnoloxía LIDAR combinada co emprego doutras ferramentas de xeoprocesamento e, en menor medida, as series de fotografía aérea.
Ata o momento, grazas a esta metodoloxía, o resultado final é o de un inventario dunhas cincuenta rodas distribuídas por todo o territorio galego. Destas, oito delas foron obxecto de intervención arqueolóxica, permitindo abrir novas perspectivas de cara ao seu estudo e coñecemento.
Reconstruíndo a paisaxe prehistórica luguesa a través da teledetección. Un exemplo comparativo entre rodas e túmulos
Pablo López Fernández, arqueólogo independente, e M.ª Guadalupe Castro González, investigadora colaboradora do Grupo de Investigación EcoPast, Facultade de Bioloxía, e CISPAC, USC

Vista dende o aire do Círculo da Capela (elaboración: Pablo López e Guadalupe Castro)
O crecente desenvolvemento dos sistemas de información xeográfica e a gran abundancia de datos espaciais dispoñibles na actualidade supoñen un aliciente para a realización de traballos arqueolóxicos aproveitando seu potencial.
No marco dunha actuación de investigación da USC buscouse facer uso destes recursos no marco dun traballo innovador para o territorio galego, realizando unha campaña de prospección orientada á procura de posibles sitios arqueolóxicos a partir de observacións realizadas a través dos SIX (Sistemas de Información Xeográfica), colocando o foco, particularmente, nos vestixios procedentes da Prehistoria Recente entre eles os Círculos ou Rodas. Neste xeito, tanto o LiDAR como as fotografías aéreas, ambos bens informáticos de acceso libre, foron empregados para a exploración das paisaxes do Concello de Lugo. O recurso á arqueoloxía aérea neste espazo permitiu a compilación de máis de 700 puntos de posibles xacementos arqueolóxicos inéditos dos cales 200 son indicios con moito potencial.
Buscando a validación destes datos para a súa catalogación, organizouse unha prospección de campo coa visita de sitios seleccionados, procedendo así á súa comprobación e documentación. Nunhas 20h de traballo de campo efectivo, en total foron visitados 40 posibles xacementos, logrando a comprobación efectiva de 20 deles: 14 túmulos, 4 recintos de morfoloxía circular e outros dous recintos de difícil identificación. Estas novas incorporación patrimoniais permiten constatar a relevancia de empregar os SIX como medio de prospección arqueolóxica especialmente para a identificación de xacementos pouco visibles no terreo, como son as Rodas cando son sistematicamente arrasadas polos traballos agrícolas. Concluindo, parece especialmente relevante a incorporación da teledetección no territorio galego en prol de identificar lugares prehistóricos con pouca entidade no terreo ou en zonas bastante inaccesibles, pois permiten encher baleiros xeográficos na catalogación de bens patrimoniais dificilmente detectables doutra forma.
Fórmulas funerarias no suroeste de Francia entre o Bronce Final e a Idade do Ferro I
Antoine Dumas, Inrap NAOM, UMR 5607 Ausonius, Université Bordeaux Montaigne (Francia)

Necrópolis de “Le Papetier”, Pindères (Lot-et-Garonne), monumento B.121.6, tumba central (foto: Philippe Calmettes, Inrap)
El objetivo de esta conferencia es presentar una síntesis de las prácticas funerarias en el Bronce Final IIIb y la Primera Edad del Hierro entre el Golfo de Vizcaya y el Golfo de León. La riqueza de los enterramientos protohistóricos en esta zona nos permitirá trazar una panorámica general de las prácticas funerarias, que servirá de contrapunto a las presentaciones del resto de la jornada. La dinámica evolutiva global se examinará mediante un análisis de la variedad tipológica de los yacimientos funerarios, los datos antropológicos, los artefactos y la relación entre los yacimientos funerarios y su entorno natural. Se destacarán varios fenómenos estructurantes. El predominio de la cremación confiere una fuerte unidad a la zona estudiada, pero veremos que existen diferencias entre las partes oriental y occidental, perceptibles a varios niveles. También examinaremos la cuestión los vínculos culturales entre la región estudiada y la Península Ibérica, por un lado, y el mundo atlántico, por otro.
O xornalismo ante os OHNIS (Obxectos Históricos Non Identificados). Rodas da Idade do Bronce, público e medios de comunicación en Galicia
Manuel Gago Mariño, Consello da Cultura Galega

Visita ao roda das Lavandeiras (Xove) no 2016, organizada por Mariña Patrimonio (foto: Manuel Gago)
A divulgación cultural e científica é un campo da comunicación que opera no espazo público, un territorio que non é unha tabula rasa de coñecemento. Cando contan unha historia, os xornalistas negocian, ao introducir e publicar unha narrativa, cun complexo entramado de imaxinarios e conceptos culturais precedentes. O sistema educativo, as tradicións colectivas, as narracións mainstream e a estrutura ideolóxica de grupos e sociedades conforman unha percepción do pasado, da sucesión temporal, da percepción de legado e herdanza que rebasa o coñecemento per se para se introducir no terreo das identidades colectivas. O xurdimento dun novo Obxecto Histórico Non Identificado, como é o caso das rodas da Idade do Bronce, supón un caso singular e novidoso no ámbito da divulgación arqueolóxica en Galicia, que permite ver dun xeito privilexiado como profesionais da comunicación, científicos e audiencia encaixan unha nova realidade cultural nun imaxinario de fundamentos moi consolidados.
O xacementos de tipo «roda», unha aproximación desde a Administración galega
Roberto Pena Puentes, Servizo de Arqueoloxía, Xunta de Galicia

Parapeto pétreo de O Corro dos Mouros (foto: Pilar Prieto)
As grandes obras públicas foron as que permitiron en Galicia descubrir os xacementos arqueolóxicos tipo ‘rodas’, que doutro xeito permanecerían probabemente no olvido. Os primeros exemplos desta situación son os casos de A Roda de Barreiros, a Construción anular en Ventosiños (Coeses) ou o xacemento arqueolóxico de As Lavandeiras en Xove. A actividade arqueolóxica desenrolada pola Arqueoloxía Preventiva destos inicios permitiu descubrir este novo tipo de xacemento e abrir novas liñas de investigación e coñecemento. Neste senso, a Administración, consciente da importancia deste tipo de descubrimento, considera importante proporcionar apoio para axudar a documentar e coñecer este tipo de xacementos como foi o caso de as rodas de Outeiro Grande en Bermés (Lalín), Os Castrullos (Parada de Sil) e este ano en O Corro dos Mouros (Lugo) nun recente convenio de colaboración asinado entre a Xunta e a USC. Se destaca que case todas as actuacións presentadas nestas xornadas foron ou van ser apoiadas economicamente pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, con isto se salienta a importancia que desde a Administración se lle da a estes xacementos como un primeiro paso, co desexo de que se podan caracterizar para o seu tratamento e xestión apropiados desde un punto de vista patrimonial. Unha perspectiva desde a Administración será sintetizada nesta comunicación.
MAÍS INFORMACIÓN
EcoPast-USC
CISPAC
Universidad Complutense de Madrid
Universidade Nova de Lisboa
Tempos Arqueólogos
EcoPast-USC
CISPAC
Universidad Complutense de Madrid
Universidade Nova de Lisboa
Tempos Arqueólogos
ASISTENCIA
M. Pilar Prieto Martínez (EcoPast-USC, CISPAC)
Luis Cordeiro Maañón (EcoPast-USC, CISPAC)
Rodrigo Paulos Bravo (Universidad Complutense de Madrid)
Xurxo Ayán (Universidade Nova de Lisboa)
Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos)
M. Pilar Prieto Martínez (EcoPast-USC, CISPAC)
Luis Cordeiro Maañón (EcoPast-USC, CISPAC)
Rodrigo Paulos Bravo (Universidad Complutense de Madrid)
Xurxo Ayán (Universidade Nova de Lisboa)
Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos)


