----

Consello da Cultura Galega e Instituto Cervantes asinaron o seu primeiro protocolo xeral de colaboración cunha vixencia de tres anos

<img src="http://consellodacultura.org/files/2010/11/002.jpg" alt="" />

<em><div id="pedefoto">Ramón Villares e Carmen Cafarell, durante a sinatura do convenio da Biblioteca do Consello. (Foto: CCG)</div></em>

<em>Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2010.- </em>O Consello da Cultura Galega e o Instituto Cervantes asinaron hoxe o seu primeiro protocolo xeral de colaboración, cunha inicial vixencia de tres anos, para o desenvolvemento de accións e iniciativas conxuntas de difusión da lingua galega e de impulso da diversidade cultural de Galicia. Ramón Villares, Prsesidente do CCG, e Carmen Caffarel, Directora do Instituto Cervantes, subliñaron  “a importancia da cooperación institucional” e felicitáronse polo acordo alcanzado. A sinatura fíxose na Biblioteca do CCG, onde previamente a Directora do Instituto Cervantes mantivo un coloquio con representantes de diferentes entidades culturais galegas e reflexionou sobre “Presenza da cultura galega na rede do Instituto Cervantes”.<!--more-->

O protocolo asinado establece as bases de colaboración entre o Instituto Cervantes e o Consello da Cultura Galega e fixa as seguintes liñas:
-Divulgación do coñecemento da lingua galega, con atención preferente á tradición literaria.
-Planificación e execución de actividades culturais en todas as súas manifestacións e formas de expresión que permitan mostrar a riqueza e a diversidade cultural de Galicia.
-Promoción, mediante o reforzo de colaboración, de programas ou iniciativas culturais de interese para a súa difusión nos centros do Instituto Cervantes no exterior e que desenvolva o Consello da Cultura Galega.
-Potenciación da participación e do interese das empresas de Galicia polas actividades que desenvolvan o CCG e o Instittuto Cervantes no exterior co fin de que contribúan ao seu financiamento a través do patrocinio.

“UN DÍA IMPORTANTE” (C. CAFFAREL)

“Este es un día importante porque nos permite abrir nuevas vías para difundir en el exterior la pluralidad cultural y lingüística española y ahora llegará el turno del trabajo conjunto y coordinado”, afirmó Carmen Caffarel. Pola súa parte, Ramón Villares aludiu á posibilidade de incorporar á  programación do Instituto Cervantes en 2011 algunhas das accións que o Consello da Cultura Galega realizará para conmemorar o primeiro centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, figura das letras gallegas e españolas.

ENCONTRO CULTURAL

A Directora do Instituto Cervantes tivo tamén ocasión de participar previamente nun coloquio con representantes de diversas entidades culturais de Galicia e da actividade dos seus 78 centros distribuídos en 44 países. Nise encontro estiveron presentes, entre outros, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o director-xerente do Consorcio do Audiovisual de Glaicia, Anxo Quintanilla, a directora do Instittuto da Lingua Galega, Rosario Álvarez, o vicerrector de Cultura da Universidade de Santiago, Javier Carballo, o Presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar e profesores e expertos como Margarita Ledo, Mnauel González, Henrique Monteagudo ou Alberto Pena.
Carmen Caffarel coñeceu asemade detalles do traballo e dos recursos do Consello da Cultura Galega na rede a través do seu portal cultural

<a href="http://www.culturagalega.org/">www.culturagalega.org</a> e dos programas de acción exterior realizados ao longo dos últimos anos, nalgúns casos en colaboración cos centros do Instituto Cervantes.

DÚAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS

O Consello da Cultura Galega é unha institución pública de carácter estatutario e autónomo, un organismo asesor e consultivo que ten, entre as súas finalidades, a promoción da cultura galega no exterior. Foi creada polo Parlamento de Galicia en 1983. O pasado 10 de novembro asinou unn protocolo de colaboración co Instittuto Camôes (Portugal)

O Instituto Cervantes é unha institución pública creada por España en 1991 para a promoción, a difusión e o ensino da diversidade lingüística e cultural española e hispanoamericana. Os seus centros están situados nos cinco continentes.