Esta mañá, os relatores que participan nos Encontros expuxeron as características dos cursos multimedia e traductores que permiten ós usuarios aprender ou traballar en galego diante dun ordenador. Xosé Antón Calviño expuxo as características do que foi o primeiro curso interactivo de lingua galega deseñado para ordenador, Galingua, nado en ano 2000. A continuación, Xulio Sousa describiu as utilidades de é-galego, un curso de autoaprendizaxe dirixido a adultos non falantes de galego con coñecementos de castelán, e Camilo Regueiro explicou as características de Traduza-g, un traductor automático ó galego.
As mesas de traballo sobre o galego nas novas tecnoloxías rematou cunha análise a cargo de Ramón Flores e Antón Méixome das posibilidades que se abren ó uso do galego co software libre. Estes relatores describiron os proxectos que es están a desenvolver para traducir ó galego software sen propietario, como o Proxecto Trasno e o GzLinux, punto de encontro para as persoas que queiran traducir ó galego programas e documentación de Linux. A pesares destas posibilidades, Flores sinalou que "existe bastante software libre traducido ó galego, máis tamén existen moitas lagoas" e salientou que "o modelo de software libre é especialmente atractivo para as linguas minoritarias, porque a diferencia do software propietario, o software libre non só permite senón que favorece a adaptación dos programas pola comunidade".
Xa pola tarde os investigadores e técnicos reunidos abordarán as posibilidades da dinamización lingüística a través de proxectos empresarias. Para dar unha ampla visión deste tema, analizaranse tres proxectos empresariais vinculados coa lingua galega. Trátase de empresas que ofrecen servicios integrais de asesoramento, formación e xestión lingüística en galego ás empresas ou que elaboran contidos multimedia en galego. Ademais das empresas Reversos Servicios Lingüísticos, Imaxín Software e Nemedón Audiviosual, a visión do sector compretarase coas achegas da Asociación Galega de Profesionais da Traducción e Interpretación, que fai fincapé na existencia de traductores e intérpretes de galego como un elemento de normalización máis do galego. Ademais de analizar os exemplos galegos, os encontros pecharanse cunha conferencia de Itziar Nogeras, que explicará a contribución da asociación cultural Elhuyar como empresa de servicios dirixida ó ámbito cultural vasco durante os seus trinta anos de existencia.
Máis información e programa:
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

