Na xornada de hoxe, profesionais con diferente experiencia e postulados teóricos expuxeron o máis característico das súas obras e traxectorias. César Azcárate destacou a importancia de integrar as obras na paisaxe, xogando, entre outros aspectos, coa escala. Así, puxo o exemplo do toro de Obsborne, que visto desde a distancia parece perfectamente integrado na paisaxe pero que estando ó seu carón parece descomunal.
A súa preocupación por esta integración lévao tamén a apostar por edificios bioclimáticos, que aproveiten as características naturais do entorno.Javier Cenicacelaya, pola súa banda, apostou por unha concepción clásica da arquitectura, desbotando as modas aínda que sendo flexibles. A súa preocupación pola adaptación das obras céntrase, ademáis de na paisaxe, no home. Así, sinalou que a arquitectura debe tomar a medida do home, facer edificios partindo da necesidade de acubillo das persoas.
Para completar a xornada de hoxe, está previsto que Eduardo Escauriaza, Juan M. Otxotorena, Francisco José Mangado, Pucho Vallejo e Conrado Capilla expoñan a súa producción, para rematar a sesión cunha mesa redonda que permita o debate e a reflexión. Mañá sábado, día 6, as xornadas clausuraranse coa intervención de Luis María Uriarte, que falará sobre a "Periferia incerta", e de Roberto Ercilla e Miguel Ángel Campo, que abordarán o "Local/Global".
Este encontro dá continuidade aos celebrados o pasado ano sobre a arquitectura catalá e lisboeta, que resultaron enormemente enriquecedores e que contribuíron, na medida das súas posibilidades, a estreitar os lazos e a transferencia cultural con Cataluña e Portugal. Unhas vez rematada a análise da arquitectura vasco-navarra, o CCG ten previsto abordar outros focos culturais, como Andalucía e Madrid.

