<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/06/anxo_hakan.jpg" alt="anxo_hakan.jpg" />
<em><div id="pedefoto">Anxo Lorenzo e Hakan Casares, durante a cuarta sesión do foro</em></div>
<em>Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2008.-</em> “Unha política lingüística pouco invasiva e unha aposta pola planificación lingüística deben partir da procura do máximo consenso social e político”, asegurou Anxo Lorenzo, profesor de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Vigo, na súa intervención no foro de debate SOCIEDADES PLURILINGÜES: DA IDENTIDADE Á DIVERSIDADE, que esta tarde finalizou no Consello da Cultura Galega. O Foro puxo sobre a mesa a necesidade de actuar, superando as dificultades existentes, e defendeu as posibilidades do galego e a súa proxección universal.
<!--more-->
Aínda contando con bazas favorabeis, a situaciòn sociolingüística do galego aparece marcada outras eivas como o descenso paseniño do número absoluto de galego falantes iniciais e habituais cun descenso de case 40 puntos entre os maiores de 65 anos e os menores de 16 anos. Partindo desa realidade, o profesor Anxo Lorenzo expresou a súa convicción de que debe practicarse unha política lingüística “pouco invasiva, que estea baseada en poucas obrigacións e moi craras, pero de cumprimento preceptivo” e apuntou algunhas claves sociolingüísticas e planificadoras para imaxinar os escenarios futuros do idioma galego e a catro posibles lugares neutrais para o consenso:
“Na xestión lingüística galega debe conxugarse a protección dos dereitos lingüísticos individuais coa promoción da lingua galega desde os poderes públicos.
-A política lingüística debe basearse no diálogo, debate e participación, con dúas partes: o diálogo político e mais o social.
-Sería preciso un terceiro diálogo: interinstitucional.
-A necesidade de incorporación dunha cultura e práctica planificadora”.
Considerou asemade que a exploración de posibles puntos comúns nos distintos discursos lingüísticos existentes no debate lingüístico en Galicia “debería tamén permitir a superación de certas diferenzas que, de entrada, parecen insalvables” e nese aspecto indicou que o discurso do plurilingüismo, nunha sociedade globalizada, “pode constituir un punto de arrinque para consensuar posicións coas que unha maioría da cidadanía se identifique”.
Con estes plantexamentos concordaron, en liñas xerais, Johannes Katabek (Universidade de Tubinga), quen falou da necesidade de orgnaizar desde o plurilingüismo o compromiso pola lingua galega, e Gabriel Rei Doval (Universidade de Wisconsin), que subliñou a necesidade duns acordos mínimos para acometer unha política lingüística “con algunha posibilidade de éxito”.
O foro ocupouse tamén da diversidade lingüística europea cun relatorio de Dónall Ó Riagáin, consultor independente, retrucado por François Grin (Universidade de Xenebra) e Xavier Alcalá (Oficina de Programas Internacionais de I+D da Xunta de Galicia).
Pola tarde a sexa e última sesiòn estivo dedicada ó tema “Galicia no espazo cultural e simbólico da Lusofonía” con relatorio de Ivo Castro (Universidade de Lisboa) e a intervención como retrucantes de dous profesores da Universidade de Santiago, Elías Torres e Rosario Álvarez.
O foro permitiu reflexionar e debatir sobre as expectativas do idioma galego tendo en conta as condicións e os problemas da sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües. Nas sesións participaron 17 expertos de nove universidades europeas.

