Victoria Camps falou da necesidade da ética “porque a realidade humana é social e estamos obrigados a entendérmonos. Por iso a filosofía moral busca principios universais que deben, ou deberían, presupoñer una comunidade de sentimentos”.
Reflexionou sobre a importancia de que a ética do noso tempo recupere as leccións de Aristóteles, Spinoza e Hume e preste máis atención aos sentimentos e ás emocións. “Porque só as emocións nos moven a actuar e porque o goberno das emocións é un dos cometidos da ética. Porque o que debemos facer non camiña á marxe do que debemos sentir”.
Claro que a apreciación positiva do papel das emocións “non pode levarnos a sustituir a ética racionalista por una ética emotivista. Temos en conta que as emocións son gobernables porque son una construción social que as moldea, crea ou destrúe en función dos costumes e necesidades predominantes”.
Sucede que a linguaxe emocional é importante non só para a ética, senón tamén, especialmente, para a política. Pero iso non debe levarnos a contrapoñer razón e paixón, senón a mostrar que una e outra necesítanse e son complementarias, aínda que a súa imbricación non resulte doada.
Dise que as campañas electorais gáñanas os candidatos que estimulan os sentimentos correctos e non os que presentan os mellores argumentos e por iso é importante para un partido ter un “relato” porque a retórica do mercado e a da publicidade acostumáronos non a razoar senón a sentir e isto é o que conta finalmente.
En todo caso, Victoria Camps afirmou que ese marco non debe conducirnos a aceptar a degradación, o empobrecemento do discurso político, nin a impulsar propostas populistas ou enaltecer acríticamente personaxes pouco dignos de atención. “Frente a ese perigo é necesario que o político actúe e sexa visto como una persoa coherente, íntegra, que practica o que predica e mostra un saber facer digno de enxendrar confianza”.
NACIONALISMO-COSMOPOLITISMO
A ensaísta barcelonesa aludiu asemade aos conflitos derivados do sentimento de pertenza a un país, o sentimento patriótico e á contraposición liberalismo-comunitarismo. “O sentimento de pertenza é defendido polos comunitaristas como condición para una auténtica democracia de cidadáns, na que estes se sintan identificados cun proxecto común que vincule a todos os membros da comunidade, herdeiros dunha mesma tradición cultural. Os seus adversarios, os cosmopolitas, renegan das pertenzas limitadas e dos nacionalismos que as fundamentan pola tendencia destes a dexenerar en chauvinismos, racismos e actitudes intolerantes, do mesmo xeito que renegan das relixións pola deriva fundamentalista que adoitan propiciar. Pensan que neses casos os sentimentos veñen sustituir valores máis fundamentais e universais que son os que efectivamente deberían manter cohesionada a sociedade”. Pero nacionalismo e cosmopolitismo son ideas teóricas e abstractas mentras a realidade é máis complexa que a teoría e debe poder participar das dúas ideas. “Porque se a deriva nacionalista, máis sentimental que racional, ten os seus perigos, non son menores os da deriva a favor dunha razón universal, desinteresada e desafectiva”.
En definitiva, é falso o antagonismo entre patriotismo e cosmopolitismo, entre razón e emoción e “nin o sentimento nacionalista nin o racionalismo unviersalista valen para nada se non se guían por outros valores, os da democracia, a liberdade e a igualdade”. Por iso é preciso relativizar racionalizando as paixóns e enriquecendo a razón coa paixón, concluíu Victoria Camps.


