VIDEO

----

Ramón Villares: "recuperar o patrimonio é unha forma de construír unha cultura nacional"



É o presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006 e nesta entrevista explica cal ha de ser o papel da institución na cultura galega. Para Villares, o CCG non ha de ser unha institución de mobilización, senón que ha de actuar na modernización da xestión da cultura galega e adaptala aos novos tempos. Acción exterior, presenza na rede, independencia e a relación co poder político son algúns dos asuntos que aborda.
Ramón Villares:

Vídeo gravado por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.