VIDEO

----

Ramón Máiz: "Os sentidos das culturas é un foro que pretende abordar temas que son de relevo hoxe aquí"



Ramón Máiz é un coñecido politólogo que centra as súas investigación no ámbito da Teoría Política Contemporánea, a Historia do pensamento político así como os nacionalismos e federalismos comparados. Desde o ano 2007 coordina Os sentidos das culturas, un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente nos que se abordan cuestión como as nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, ou os estudos culturais.
Ramón Máiz:

Vídeo gravado por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.