Dolores Vilavedra, profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do CCG, foi a coordinadora, xunto con
Inma López Silva, da xornada Escénicas. Mabel Rivera, realizada en 2013. A súa navegación lévanos por referencias vitais e profesionais que marcaron a súa traxectoria, o recordo de Roberto Vidal Bolaño, Rosa Álvarez e Marisa Soto, a súa preocupación pola formación e os estudos e o marcado compromiso cívico e reivindicativo dunha das actrices máis galardoadas da nosa escena e audiovisual. Para rematar, unha festiva homenaxe co convite a revisitar tres filmes pionerios no evento "30 anos do audiovisual galego" e un desexo: que teñamos Mabel Rivera para moitos anos.


