
NA VOZ

Ana Cabana Iglesia
Nada en Pacios, no concello lucense de Castro de Rei, é doutora en Historia e profesora da área de Contemporánea do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Estudosa da historia rural, forma parte do grupo de investigación HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural, séculos XIX e XX). Ten feito achegas sobre as actitudes sociais e a conflitividade rural durante a ditadura franquista e a transición cara a democracia, sobre os comúns e sobre xénero (galardoada co I Premio na X Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero da USC na modalidade de investigación en 2019). Colabora co Grupo XuvenCiencia (Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía) formado por profesorado de diferentes áreas e centros do Campus Terra de Lugo.
NA OBRA
Amaya González Reyes
Sen título
2011. ESCULTURA
Medidas: 80 x 75 x 145 cm
Carretilla intervida e recuberta de veludo


