----

Unha lingua para despois de nós

O SNL de Redondela pón en marcha unha campaña para apoiar o uso do galego nos trámites e xestións relacionadas coa morte. Mediante unha declaración de vontades, a persoa interesada manifesta o desexo de que, chegado o seu pasamento, tanto o seu funeral coma as esquelas ou a lápida estean en galego.
(Máis información)

Baixo o lema En galego, agora e sempre. Unha lingua para despois de nós o Concello de Redondela asinou diversos convenios co tanatorio e coas empresas funerarias municipais para que a memoria do defunto se poida perpetuar na mesma lingua que empregou en vida.


O SNL de Redondela, pioneiro en actividades dinamizadoras desde 1982, ten previsto remitir unha circular a todos os alcaldes galegos animándoos a que poñan en marcha iniciativas similares para que os dereitos lingüísticos tamén se respecten no outro mundo.


Pode obter máis información desta campaña no CDSG, ou se o prefire envíenos unha solicitude a través da nosa consulta en liña.