Xa está accesible en liña o formulario de inscrición para asistir presencialmente ao sexto debate do foro
Un país coa súa lingua, que nesta ocasión se centrará na formulación de propostas para garantir a presenza do galego na sociedade civil, no asociacionismo e nos espazos comunitarios. O debate, coordinado por Montse Pena Presas e Dolores Vilavedra, terá lugar o vindeiro
8 de xullo de 2025, a partir das
16:30 h, na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela).
Na
páxina web do CCG podes ampliar información sobre esta sexta mesa de debate e acceder ao
formulario de inscrición.
A maiores da participación presencial, o CCG habilitou un
formulario en liña que estará aberto durante todo o proceso para a recepción de propostas relacionadas con calquera das áreas de análise.
O foro
Un país coa súa lingua é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega que ten como obxectivo fomentar un diálogo aberto e plural sobre o futuro do galego. O proxecto, de carácter propositivo, estrutúrase arredor de sete mesas de traballo nas que se debaterá sobre o futuro da lingua e se proporán accións normalizadoras en ámbitos como a educación, a administración, a economía, os medios, a cultura e a sociedade.
Lectura completa