Mesa - Economía, turismo e deporte. Mércores, 25 de xuño de 2025

Economía, turismo e deporte

Un país coa súa lingua. Foro participativo

Economía, turismo e deporte

Mércores, 25 de xuño de 2025
Santiago de Compostela
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo

Economía, turismo e deporte

Mércores, 25 de xuño de 2025 Santiago de Compostela
A dinamización e presenza do idioma galego no tecido económico de Galicia, así como no sector empresarial, turístico e deportivo debe ser fortalecida con medidas específicas. O obxectivo desta mesa é reunir propostas que reactiven, favorezan e afiancen o seu uso no comercio, na publicidade, na hostalería, no turismo ou na comunicación empresarial, entre outros ámbitos. Nesta liña, a mesa abrirá o debate ás diferentes suxestións sobre as posibles accións que se podan levar a cabo para potenciar a utilización da lingua noutros eidos como o deporte, o lecer, a publicidade de grandes marcas galegas, etc.. As achegas deben estar orientadas a iniciativas viables que permitan facer do galego unha ferramenta útil e valorada nestes sectores, consolidando a súa presenza en contextos de alta visibilidade e impacto económico.


COMO PODES PARTICIPAR?
Como xa sabes, para fomentar a participación cidadá no proceso habilitáronse distintas vías de colaboración:
1. Cuestionario en liña. Este cuestionario estará aberto durante todo o proceso para a recepción de propostas relativas a calquera das áreas de análise. Calquera persoa, a xeito individual ou en nome dalgún colectivo, pode remitir as consideracións que precise.



2. Participación presencial. Se queres asistir a esta sesión, que se desenvolverá na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, debes solicitar a túa inscrición no formulario que figurará nesta páxina quince días antes da súa realización. As prazas dispoñibles son limitadas debido ao formato formato das mesas de traballo.
3. Emisión en streaming. As xornadas serán emitidas en directo en streaming e logo permanecerán dispoñibles na mediateca web do Consello da Cultura Galega, neste mesmo enlace. Deste modo, calquera persoa poderá ver as intervencións en calquera momento e remitir as súas consideracións a través do formulario.
4. Foro final. Para poñerlle o ramo ao proceso, no outono, celebrarase un foro aberto á cidadanía, onde se presentarán as primeiras conclusións que se debaterán co público asistente para arrequentar o documento final de propostas.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo
Economía, turismo e deporte
Cando
Mércores, 25 de xuño de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Jakson R. Rodrigues Soares
Dolores Vilavedra
Facilitación
Rexenerando
Organiza
Consello da Cultura Galega