Mesa - Sociedade, crenzas e participación comunitaria. Martes, 8 de xullo de 2025

Sociedade, crenzas e participación comunitaria

Un país coa súa lingua. Foro participativo

Sociedade, crenzas e participación comunitaria

Martes, 8 de xullo de 2025
Santiago de Compostela
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo

Sociedade, crenzas e participación comunitaria

Martes, 8 de xullo de 2025 Santiago de Compostela

Esta mesa, que ten como eixo argumental a sensibilización lingüística da cidadanía, constitúese coa finalidade de obter propostas que reforcen o uso do idioma galego na sociedade civil, no asociacionismo e nos espazos comunitarios. A partir das diferentes aportacións expostas, promoverase a busca de novas ideas para impulsar a utilización da lingua nos diferentes movementos sociais, redes de apoio, colectivos culturais e noutros contextos como a fe e a tradición. O seu obxectivo centrarase no deseño de accións que promovan o galego como lingua de cohesión social e participación cidadá, asegurando a súa presenza en todos os espazos onde a sociedade se organiza e relaciona como colectividade.

COMO PODES PARTICIPAR?
Como xa sabes, para fomentar a participación cidadá no proceso habilitáronse distintas vías de colaboración:
1. Cuestionario en liña. Este cuestionario estará aberto durante todo o proceso para a recepción de propostas relativas a calquera das áreas de análise. Calquera persoa, a xeito individual ou en nome dalgún colectivo, pode remitir as consideracións que precise.



2. Participación presencial. Se queres asistir a esta sesión, que se desenvolverá na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, debes solicitar a túa inscrición no formulario que figurará nesta páxina quince días antes da súa realización. As prazas dispoñibles son limitadas debido ao formato formato das mesas de traballo.
3. Emisión en streaming. As xornadas serán emitidas en directo en streaming e logo permanecerán dispoñibles na mediateca web do Consello da Cultura Galega, neste mesmo enlace. Deste modo, calquera persoa poderá ver as intervencións en calquera momento e remitir as súas consideracións a través do formulario.
4. Foro final. Para poñerlle o ramo ao proceso, no outono, celebrarase un foro aberto á cidadanía, onde se presentarán as primeiras conclusións que se debaterán co público asistente para arrequentar o documento final de propostas. 16:00 horas
Benvida e apertura

16:30 horas
Presentación de tres experiencias

17:15 horas
Pausa

17:30 horas
Diálogo estruturado e debate aberto

19:30 horas
Peche e agradecemento
Ficha técnica 
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo
Sociedade, crenzas e participación comunitaria
Cando
Martes, 8 de xullo de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Montse Pena Presas
Dolores Vilavedra
Facilitación
Rexenerando
Organiza
Consello da Cultura Galega