AVISO LEGAL

----

AVISO LEGAL

1.- Información xeral:

O Consello da Cultura Galega, creado por Lei 8/1983, do 8 de xullo, é un ente estatutario con personalidade xurídica propia ao que lle compete a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. O domicilio do Consello da Cultura é o seguinte: Pazo de Raxoi, 2º andar. 15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España). Tfno.: 981 957 202; Fax: 981 957 205. O correo electrónico de contacto é correo@consellodacultura.org. O CIF da entidade, Q-6550003-E.

O Consello da Cultura Galega é titular dos nomes de dominio culturagalega.org e consellodacultura.gal.

2.- Dereito de propiedade industrial e intelectual:

O Consello da Cultura Galega é titular ou ten os dereitos de explotación da propiedade intelectual e industrial e de imaxe sobre os contidos dispoñibles a través do portal culturagalega.org e a web consellodacultura.org.

O acceso polos usuarios aos citados dominios non implica baixo ningún concepto renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial daqueles dereitos por parte do Consello da Cultura Galega nin, de ser o caso, outros titulares do contido publicado.

Non está permitido eliminar ou modificar o aviso de dereitos de autor ou aínda a titularidade dos contidos das páxinas do Consello da Cultura Galega. Os contidos dos dominios consellodacultura.org e culturagalega.org quedan sometidos á licenza copyleft, polo que, na súa virtude, o usuario poderá copiar, distribuír ou publicar os contidos a condición de que cite con claridade a súa procedencia das fontes do Consello da Cultura Galega e, se é o caso, a autoría do arquivo, e non os modifique, quedando ademais obrigado a manter esta mesma licenza e requisitos de identificación do CCG como fonte de procedencia nas sucesivas publicacións e distribucións. Esta licenza só será aplicada a aqueles contidos localizados en páxinas dos sitios do CCG nas que figure expresamente indicada unha autorización ao respecto. No resto dos contidos, salvo autorización expresa e escrita do CCG, non se permite modificar, copiar, reempregar, explotar, reproducir, comunicar publicamente ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos nos devanditos dominios para propósitos públicos ou comerciais.

3.- Réxime de prestación dos servizos e responsabilidade:

Consonte os labores atribuídos ao Consello da Cultura Galega respecto da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, o acceso ao portal e á páxina web do Consello é libre e gratuíto, sen que tal carácter exclúa a posibilidade de que se exerciten ou publiciten accións baixo custo ou prezo.

O Consello da Cultura Galega non se fai responsable das distintas opinións dos seus colaboradores nin dos terceiros e particulares que participen nas distintas seccións da web do Consello e do portal culturagalega.org.

O Consello non pode garantir a fiabilidade, veracidade, corrección e utilidade dos servizos e informacións que presta na rede, nin garante a súa continuidade.

Os usuarios da web e portal do CCG comprométense ao emprego adecuado dos contidos, servizos e información que se ofrecen nas citadas páxinas, e a non darlles uso para incorreren en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; nin difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; nin provocar danos nos sistemas informáticos do Consello da Cultura Galega ou de terceiras persoas ou suplantar a súa personalidade ou rexistro. Así mesmo, queda prohibido o uso de calquera clase de información obtida a través da web e do portal do Consello da Cultura Galega para remitirlles aos usuarios ou terceiros comunicacións comerciais non solicitadas, así como a comercialización ou difusión de datos persoais nun sentido amplo -incluíndo os enderezos electrónicos- que poidan obterse nos citados dominios. O Consello da Cultura Galega non se responsabiliza dos danos ou molestias que calquera persoa cause infrinxindo estas normas e condicións de uso.

O establecemento de enlaces polo Consello da Cultura Galega a sitios web alleos non implica responsabilidade de ningún tipo respecto do contido daqueles sitios.

O establecemento de enlaces por terceiros con destino aos dominios culturagalega.org e consellodacultura.org débese efectuar como enlace absoluto, sen que sexa aceptable a inclusión como parte na web do terceiro mediante marcos, ferramentas de buscador ou outras que menoscaben a integridade da información ou servizo ofrecido polo Consello da Cultura Galega. O CCG desautoriza expresamente, declinando toda responsabilidade que poidan xerar tales actuacións, o establecemento de enlaces a páxinas dos seus dominios desde aquelas webs de terceiros nas que se desenvolvan actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública, ou nas que se difundan contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; ou as susceptibles de provocaren danos nos sistemas informáticos.

4.- Privacidade dos datos de carácter persoal:

A política de protección de datos do Consello da Cultura Galega é aplicable o tratamento de datos persoais, ao amparo da seguinte lexislación:
• Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016 (RGPD).
• Lei orgánica 3/2018, de 5 de dicembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

¿Quen é o Responsable de tratamento dos seus datos persoais?
O responsable dos datos persoais é o Consello da Cultura Galega, ó enderezo e no Pazo de Raxoi, 2º andar. 15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España).
consello@consellodacultura.org.

¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
O Consello da Cultura Galega pode tratar os seus datos persoais para as seguintes finalidades:
• Coa finalidade de manter un rexistro de contactos xenéricos cos cales o Consello mantén algún tipo de relación.
• Para levar un control de rexistro de usuarios nas páxinas webs administradas polo Consello.
• Para xestionar e organizar eventos relacionados ca promoción da cultura galega: inscrición de participantes, relatores, público en xeral.
• Para levar un control dos fondos documentais cedidos ao Consello por particulares ou institucions.
• Para xestionar o préstamo de libros, documentos ou publicacións do Consello.
• Para atender as consultas de normalización lingüística que se realizan ao Consello.
• Coa finalidade de levar a cabo “Programas de normalización lingüística”

¿Cal a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas e/ou o cumprimento dunha obriga legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público e/ou a execución dun contrato.

¿Durante canto tempo conservamos os seus datos?
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.

¿A quen cedemos os seus datos?
O Consello non cederá os seus datos persoais, agás obriga legal o previo previo consentimento da persoa interesada.

¿Cómo pode exercer os seus dereitos en materia de protección de datos?
As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Consello da Cultura de Galicia, poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia.
Para o exercicio deste dereito, o interesado poderá dirixir a súa solicitude, acompañando copia do seu DNI na seguinte dirección: dpd@consellodacultura.gal
Así mesmo os usuarios tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid, ou accedendo á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https:// sedeagpd. gob.es/sede- electronica-web/

5.- Vixencia da nota legal:

O Consello da Cultura Galega reserva para si o dereito de modificar, dentro das marxes legais, as condicións anteriormente referidas, sen que tal modificación afecte as condicións en que os usuarios cederon os seus datos persoais, que non se modificarán sen o seu consentimento.

Así mesmo, o Consello da Cultura Galega reserva o dereito a finalizar ou interromper o acceso á web e ao portal e a prestación dos servizos que leva a cabo vía internet, sen que iso poida dar lugar a dereito a indemnización ningunha aos usuarios e terceiros.

Recomendamos: