Avelino Gómez Ledo
Chantada, 1893 - Chantada, 1977Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Sacerdote e presbítero, Gómez Ledo exerceu como filósofo, tradutor e poeta
En 1922 foi nomeado coadxunto da parroquia de Santa María de Alcalá de Henares, en 1923 colector e capelán da Concepción da Nosa Señora de Madrid, e en 1928 vigairo coadxutor de Bellas Vistas, pertencente á parroquia da Nosa Señora dos Anxos, instituída en 1892 neste barrio de nova creación. En maio de 1931 perde parte da súa biblioteca no incendio provocado da igrexa da Nosa Señora dos Anxos. Refuxiouse na casa dunha familia de Centulle, e despois foi nomeado coadxutor desa parroquia e, máis tarde, tenente maior da freguesía da Nosa Señora de Covadonga, cuxo templo fora inaugurado en 1915.
Tras o alzamento nacional recolleuse na casa de María Villamarín, tía dun seu curmán. Tivo algún traballo civil e logo foi encarcerado, e o 20 de agosto de 1938 pasou a servir como auxiliar sanitario no Batallón Auxiliar de Fortificación da Comandancia de Enxeñeiros, requirido por un amigo médico.
En 1940 foi nomeado sacerdote da parroquia de Santo Agostiño, creada tras a creación entre 1933 e 1936 da colonia de El Viso. Entre 1946 e 1950, baixo o seu sacerdocio, construíuse a igrexa parroquial, deseñada polo arquitecto clasicista Luis Moya Blanco na rúa de Joaquín Costa. Foi secretario na xunta organizadora do Ano Santo de 1954, presidida polo bispo de Madrid Leopoldo Eijo Garay. En 1971 foi nomeado monseñor polo papa Paulo VI, a proposta dos seus fregueses. Permaneceu nesta parroquia durante trinta e dous anos até a súa xubilación en 1972.
Regresou á súa casa de Chantada, e alí adicouse a recoller toponimia e lendas tradicionais do val do río Asma. Finou na súa vila natal o 29 de xuño de 1977. Legou a dous sobriños parte da súa biblioteca, os libros que levara a Chantada, que á súa vez os doaron ao mosteiro de Oseira. Porén, outra boa parte dos seus fondos quedaron en Madrid na parroquia de Santo Agostiño.
En 1952 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, a proposta de Maniel Casás Fernández, Leandro Carré Alvarellos, Ramón Villar Ponte e Francisco Vales Villamarín. O 3 de novembro de 1969 o Centro Galego de Madrid concedeulle a Cruz de Isabel a Católica. En 1993 celebráronse en Chantada diversos actos conmemorativos do centenario do seu nacemento.
As súas primeiras publicacións son dos anos de seminarista. En 1915 participou no certame Ora et labora do Seminario de Sevilla cun estudo sobre Jaime Balmes, titulado «Balmes filósofo», e en 1916 foi premiado nun concurso do Seminario de Madrid co traballo El lenguaje del Quijote. El Quijotismo en el siglo XX, no terceiro centenario da morte de Cervantes. Colaborou na revista compostelá Ultreya, dirixida por Armando Cotarelo Valledor e activa entre 1919 e 1920, cun cadro costumista en galego, «Desafío», e varias coplas populares recollidas en Chantada. Cultivou desde novo a poesía, e consérvanse inéditos textos desta época.
En 1926 publicou Romanceiro compostelán, un conxunto de vinte poemas inspirados en tradicións de Santiago o Maior, como “Cabaleiro de Asís” ou “Lenda de Calromano”, amais da tradución do Salve Regina. Emprega versos clásicos, segundo Vicente Risco (nun comentario na Escolma de Poesía Galega de Francisco Fernández del Riego, 1955), con influencia da obra de Ramón Cabanillas, autor sobre quen deu varias conferencias. En 1954 o volume foi ampliado e reeditado co título de Poemas composteláns.
En 1928 publicou Borreas, outro poemario de carácter rural, cun certo virxilianismo no estilo e a temática, con composicións como «A Nosa Señora de Pesqueiras» ou «A venta da vaquiña», mais tamén inclúe contido social en poemas como «Emigrazón». En 1952 escribiu un poema en homenaxe a Otero Pedrayo a modo de introdución da obra de teatro O desengano do prioiro. En 1953 publicou Cancioeiro da Nosa Señora do Faro, e en 1966 Terra nai. De 1973 é A Estrela de Belén, un conxunto de panxoliñas de Nadal.
Comezou as súas colaboracións na revista Nós nos números 59, 61 e 62 (novembro de 1928 – febreiro de 1929), cunha serie de tres textos nos que narra unha viaxe a Italia. En formato epistolar relata a súa
pilingrinaxe, percorrido en tren desde Madrid por Barcelona até Xénova e despois a Roma e Nápoles. Conta que bicou o anel do papa Pío XI, e fala con medo do poder que está a acadar o Duce Mussolini. En 1930 publicou As églogas do Virxilio (Editorial Nós), coincidindo co bimilenario da morte do autor. No nº 84 da revista Nós (Nadal de 1930) aparece a tradución ao galego de Eloxio da vida campesía, o poema final do segundo libro das Xeórxicas, xunto cun texto introdutorio no que fala dos criterios a usar na tradución, o literal e o perifrástico, defendendo o rigor da tradución literal e o respecto pola construción do verso a pesar de que se perda a rima. No nº 91 de Nós (xullo de 1931) aparece un extracto da tradución de De rerum natura de Lucrecio, e no nº 93 publícase unha versión en italiano de «La leggenda di Carlo Magno», poema seu incluído en Romanceiro Compostelán e traducido por Guido Battelli, autor que por entón ensinaba na Universidade de Coímbra. No nº 98 (febreiro de 1932) aparece a tradución ao galego da elexía III do Libro I dos Tristes, de Ovidio, e no nº 113 (maio de 1933) o comezo do libro I das de Virxilio, sobre a Agricultura.
Escribiu tamén na revista pontevedresa Logos, entre 1931 e 1932, cunha serie de artigos sobre Exeria, a escritora e peregrina do século IV, e outro texto máis sobre Álvaro Pais, teólogo e bispo galego do século XIV. En 1931 publicou o texto Amor Ruibal. Boceto bio-bibliográfico, ampliado en 1964 como Amor Ruibal o la sabiduría con sencillez. Sobre este teólogo publicou numerosos artigos e deu varias conferencias. Escribiu tamén diversos textos de divulgación do pensamento católico, sempre dentro da corrente neoescolástica. Foi redactor de Resurrexit. Revista Nacional del Clero, onde publicou numerosos artigos.
Seguindo coa tradución dos clásicos, en 1964 apareceu Os catro libros das Xeórxicas, e en 1973 Escolma de poetas líricos gregos e latinos voltos en lingoaxe galego, antoloxía con poemas de Safo, Anacreonte, Teócrito, Horacio e Virxilio, ambos os dous libros publicados polo Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. Traduciu tamén A Eneida pero non chegou a editarse.
Tras o Concilio Vaticano II iniciouse a tradución á nosa lingua de textos sagrados. En 1974 Gómez Ledo publicou o Novo Testamento, traducido do latín e publicado por Bibliófilos Gallegos con limiar de Filgueira Valverde.
Obra
Un tríptico medieval, Santo Tomás, Danta y el arte ojival. Pontevedra, 1921
Sois de Cristo. Madrid, 1925
Borreas. Madrid, Asilo Porta-Coeli, 1927
As églogas do Virxilio. A Coruña, Nós, 1930
Ángel Amor Ruibal, boceto biográfico. Tetuán, 1931
¿Hay que ser apóstoles?. Madrid, Imprenta Luz y Vida, 1935
Tú y tu parroquia
Templos serenos. Madrid, 1943
Amor Ruibal, o la sabiduría con sencillez. Madrid, 1946
Cancioneiro do nosa Señora do Faro. Madrid, Imprenta Avilista, 1953
Poemas Compostelans. Madrid, Imprenta Avilista, 1954
Terra nai. Madrid, 1966
Escolma de poetas gregos et latinos voltos en linguxe gallego. Santiago de Compostela, [CSIC, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos], 1973
O novo testamento, versión íntegra do grego. Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos, 1974 (col. Biblioteca de Galicia, vol. XIII), p. 682
El lenguaje del Quijote y El Quijotismo del siglo xx. Madrid, [s. d.]
“Balmes filósofo”, en Ora et labora, [s. d.]; colaboracións en Resurrexit, [s. d.]
Bibliografía
Noia, Camiño: «Avelino Gómez Ledo» en Portal de Historia de la Traducción en España (http://phte.upf.edu/dhte/gallego/gomez-ledo-avelino/. Última consulta 17/02/2021)
Yáñez Neira, Damián: «Avelino Gómez Ledo», en Diccionario Biográfico Español, Real Academia de la Historia. (http://dbe.rah.es/biografias/74816/avelino-gomez-ledo. Última consulta 17/02/2021)
Varela Rodríguez, M.ª O.; Eyré Val, X. M.; Vélez Latorre, X. M. (1996): Avelino Gómez Ledo no seu centenario. Lugo, Deputación Provincial.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Avelino Gómez Ledo. Publicado o 17/2/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=23104. Recuperado o 20/04/2024

Ligazóns de interese
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Entrada de Gómez Ledo na DB da Real Academia da Historia, redactada por Damián Yáñez Neira
Audios
REPORTAJE Y ENTREVISTA A AVELINO GOMEZ LEDO SOBRE POESIA
Publicacións periódicas
Galicia [Madrid 1932-33] (1932-1933) .
Revista Mensual Ilustrada
Mundo Gallego [1952-53] (1952-1953) .
1ª Época: Revista de Galicia en Madrid
2ª-3ª Época: Órgano Oficial del Centro Gallego de Madrid
4ª Época: Revista del Centro Gallego de Madrid