Antonio Couceiro Freijomil
Pontedeume, A Coruña, Galicia, 2/ 6/1888 - , 9/5/1955Autoría: Patricia Arias Chachero
Erudito filólogo, bibliógrafo e pedagogo galego
Na cidade das Burgas establece amizade con Marcelo Macías, Primitivo Rodríguez Sanjurjo, Vicente Risco e outros membros do cenáculo ourensán. Proba do que dicimos é que en xullo de 1918, no último número de La Centuria, anúnciase un traballo asinado polo intelectual eumés. Neste época consolídase tamén a súa actividade xornalística. Convértese en colaborador asiduo de La Zarpa e Galicia, e en redactor xefe do Diario de Orense. Cos anos, atopamos a súa sinatura en El Norte de Galicia dirixido por Francisco Álvarez de Nóvoa; Vida Gallega, onde publica unha colección de versos baixo o título «Do meu feixe. Miudencias»; El Compostelano, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego e La Noche onde dirixiu a páxina «Plumas y letras gallegas» e redactou unha columna de efemérides titulada «Galicia tal día como hoy».
A súa primeira colaboración na revista Nós leva a data do 15 de novembro de 1925. Trátase dos versos «Cantares», unha ducia de cantigas que forman parte da colección de 230 poemas cos que gañara o Certame celebrado en Lugo e que se publicarán ese mesmo ano en Ourense baixo o título Lóstregos. Cantares gallegos, con prólogo en verso, de Francisco Álvarez de Nóvoa. Na senlleira publicación atopamos ademais dous coidados artigos de carácter erudito que levan por título «Sobre o emprego do apóstrofo», aparecido no número 24 da revista, e «De certas adiciós, supresiós, troques y-enlaces de letras», recollido no número 25, correspondente ao 15 de xaneiro de 1926. Nos números 48 (1927) e 50 (1928) atopamos máis versos seus, esta vez baixo o epígrafe «Novos cantares».
En 1926, gaña un certame poético que se celebrara en Ourense para conmemorar o segundo centenario da publicación do Teatro Crítico Universal do Padre Feijoo. O texto premiado titulábase «Galicia». En abril de 1928, forma parte do Seminario de Estudos Galegos e participa na IV Asemblea da institución, celebrada en Pontevedra entre os días 7 e 9 de abril dese ano. Alí le un estudo sobre a ortografía galega coa que procura a creación dunha norma escrita unificada, froito desta intervención publicarase pouco despois, en Ourense, o caderniño Ortografía gallega. Bases para su unificación por Antonio Couceiro Freijomil con un apéndice del profesor Abelardo Moralejo, de la Facultad de Filosofía y Letras de Santiago. Pouco despois, Couceiro afástase dos homes do Seminario e do grupo máis activo culturalmente, parece que por discrepancias con Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández Oxea, Ben-Cho-Shey. Entre 1936 e 1939 trasládase a Compostela para traballar no reitorado. Neste mesmo período, foi nomeado colaborador da Oficina Técnica Administrativa de Depuración del Personal de Educación Nacional pero logrou que se lle eximise do desenvolvemento de función tan incómoda. Regresa a Ourense onde exerce ata 1942, nese ano trasládase á Coruña e alí fixa a súa residencia.
O 27 de xullo de 1941 ingresou, xunto a outros dezaoito académicos, na Real Academia Galega a proposta de Manuel Casás Fernández, presidente da institución, Ángel del Castillo e Alejandro Barreiro Noya. Naquela ocasión, o único discurso que se leu foi o de Fermín Bouza-Brey, La mitología del agua en el noroeste hispánico. En 1949 ingresa na sección de Paleografía e Diplomática do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Ao amparo desta institución publicará entre 1951 e 1954 en Bibliófilos Gallegos os tres tomos do seu, aínda hoxe imprescindible, Diccionario bio-bibliográfico de escritores, onde reúne máis de 4000 coidadas e documentadas biobibliografías de autores galegos.
Excelente conferenciante e recoñecido bibliógrafo, a súa biblioteca posuía máis de mil volumes de tema galego, centos de xornais e revistas antigas, e unha importante colección de manuscritos e notas das súas investigacións. Cordero Carrete e Paulino Pedret Casado adquiriron parte importante deste material para o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, onde se custodia na actualidade.
Antonio Couceiro Freijomil faleceu en Compostela o 9 de maio de 1955.
Obra
La aceptación del dolor. Conferencia de la serie organizada por la Juventud Antoniana de Lugo, dada en la Escuela de Obreros, bajo la presidencia del Ilmo. Sr. Obispo de la Diócesis, el día 25 de marzo de 1914. Lugo, 1914.
Lóstregos. Ourense, 1925.
Ortografía gallega. Bases para su unificación / con un apéndice del profesor Abelardo Moralejo, de la Facultad de Filosofía y Letras de Santiag. Ourense, 1929.
La Bandera de Galicia. (Colección de artículos que editan varios amigos y admiradores del autor). Ourense, 1930.
El idioma gallego. Historia. Gramática. Literatura. Barcelona, 1935.
Historia de Puentedeume y su comarca. Santiago de Compostela, 1944.
Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela, 1951-1954.
Bibliografía
Vilariño Gómez, G. et al. (1990): Homenaje al polígrafo eumés Don Antonio Couceiro Freijomil en el primer centenario de su nacimiento (1888-1998). A Coruña: Deputación Provincial.
Ferreiro, Charo e Inma Pena (coord.) (2005): Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil: actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Santiago de Compostela, o día 13 de maio de 2005. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Deporte.
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Antonio Couceiro Freijomil. Publicado o 26/10/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=956. Recuperado o 28/03/2024

DOCUMENTACIÓN DE
Couceiro Freijomil inclúe á escritora Aurora Vidal no seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores
Couceiro Freijomil, Antonio: «Vidal Martínez, Aurora». En Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1954; III, 502
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Entrada de Pablo Pérez Costanti no Diccionario bio-bibliográfico de escritores, de Couceiro Freijomil
Couceiro Freijomil, Antonio: «Pérez Costanti, Pablo». En Diccionario bío-bibliográfico de escritores. III: P-Z. Santiago de Compostela: Biblióficlos Gallegos, 1954; 82.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Entrada de Manuel Soto Freire no Diccionario bio-bibliográfico de escritores, de Couceiro Freijomil
Couceiro Freijomil, Antonio: «Soto Freire, Manuel». En Diccionario bío-bibliográfico de escritores. III: P-Z. Santiago de Compostela: Biblióficlos Gallegos, 1954; 374-375.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Breve entrada de Xulián Magariños no Diccionario bio-bibliográfico de Couceiro Freijomil
Couceiro Freijomil, Antonio: «Magariños Negreira, Julián M.». En Diccionario bio-bibliográfico de escritores. II: F-O. Santiago de Compostela: Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1952; 366.
Fonte: Biblitoeca do Consello da Cultura Galega.
Isabel Martínez-Barbeito no Diccionario bio-bibliográfico de escritores de Couceiro Freijomil
Couceiro Freijomil, Antonio: «Martínez Barbeito, Isabel». En Couceiro Freijomil, Antonio: Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1952; II, 383.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Agustín María Acevedo no Diccionario bio-bibliográfico de Couceiro Freijomil
«Acevedo Rodríguez, Agustín María». En Couceiro Freijomil, Antonio: Diccionario bio-bibliográfico de escritores. I: A-E, Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1951; 7-8
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Afonso Eanes do Cotón no dicionario de escritores de Couceiro Freijomil
Couceiro Freijomil, Antonio: «Eans do Cotón, Alfonso». En Couceiro Freijomil, Antonio:Diccionario bío-bibliográfico de escritores. I: A-E. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1951; 376-377.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Última entrega na revista Nós dos cantares de Couceiro Freijomil
Couceiro Freijomil, A.: «Novos cantares», Nós, n.º 50 (15 de febreiro de 1928), p. 28
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Novos cantares de Couceiro Freijomil en Nós
Couceiro Freijomil, A.: «Novos cantares», Nós, n.º 48 (15 de nadal de 1927), p. 1
Fonte: Galiciana. BIblioteca de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/publicaciones/numeros_por_mes.do?idPublicacion=1202&anyo=1927
Artigo de Couceiro Freijomil sobre ortografía galega en Nós
Couceiro Freijomil, A.: «A nosa ortografía: de certas adiciós, supresiós, troques y-enlaces de letras», Nós, n.º 25 (15 de xaneiro de 1926), p. 7-9
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Entrega, en Nós, sobre o uso do apóstrofo en galego
Couceiro Freijomil, A.: «A nosa ortografía: sobre o emprego do apóstrofo », Nós, n.º 24 (15 de decembro de 1925), p. 5-8.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Poema de Couceiro Freijomil na revista Nós
Couceiro Freijomil, A.: «Cantares», Nós, n.º 23 (15 de novembro de 1925), p. 1
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Recompilación de material fraseolóxico e paremiolóxico galego da primeira metade do século XX, realizada por Antonio Couceiro Freijomil
Ferro Ruibal, Xesús e Noelia Surribas Ribas: «Locucións, fórmulas e paremias galegas anotadas por Couceiro Freijomil (1888-1955)», Cadernos de Fraseoloxía Galega, n.º 16 (2014), p. 319-355.
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Estudo sobre Couceiro Freijomil na revista Cátedra
López Calvo, X. A.: «Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955) na estela dos patriarcas das letras galegas», Cátedra: revista eumesa de estudos, n.º 12 (xuño 2005), p. 27-80.
Fonte: Revista Cátedra
http://catedra.pontedeume.es/12/catedra1202.pdf
Antonio Couceiro Freijomil na Enciclopedia galega
Couceiro Freijomil, A.: «Couceiro Freijomil, Antonio». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; t. 12, p. 155-156.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Rosario Álvarez sobre Couceiro Freijomil filólogo
Álvarez Blanco, R.: Á procura dunhas bases para a unificación: a contribución de Antonio Couceiro Freijomil». En: Brea López, M. e F. Fernández Rey (coord): Homenaxe ao profesor Constantino García. Santiago de Compostela: Universidade, 1991; v. 2, p. 19-31
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Sig. 8 GAC 2
Ligazóns de interese
Couceiro Freijomil, Ramiro Fonte e o padre Placer no blog Crónicas dun fillo de Pontedeume, de Jose Fonte
Fonte, J.: «Tres fillos predilectos eumeses na Real Academia Galega. Couceiro Freijomil, o padre Placer e Ramiro Fonte», Crónicas dun fillo de Pontedeume
Fonte: https://josefonte.jrdweb.es/libro/tres-fillos-predilectos-eumeses-na-real-academia-galega-couceiro-freijomil-o-padre-placer-e [consulta: 2021-10-14]
O Dicionario bio-bibliográfico de escritores, de Couceiro Freijomil, na BVG
Fonte: Universidade da Coruña. bvg
https://bvg.udc.es/recursos_lingua/DicLiterCouceiroFreijomil/index.jsp [consulta: 2021-09-27]
Entrada de Couceiro Freijomil na Galipedia
Fonte: Galipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Couceiro_Freijomil [consulta: 2021-09-27]
Couceiro Freijomil en Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta_aut/registro.do?id=477 [consulta: 2021-09-27
Biografía de Couceiro Freijomil na DBe da Real Academia de la Historia
Real Academia de la Historia. Diccionario Biográfico
https://dbe.rah.es/biografias/53872/antonio-couceiro-freijomil
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
El idioma gallego, de Couceiro Freijomil
Fonte: BVG. Universidade da Coruña
https://bvg.udc.es/recursos_lingua/m1couceirofreijomilidiomap002.jsp [consulta: 2021-09-27]
Publicacións periódicas
Boletín de la Unión Hispano Americana Valle Miñor (1909-) .
Órgano de la Unión Hispano-Americana Pro-Valle Miñor. Publicación Mensual
Orzán (1945-1957) .
Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires
Artigos Antonio Couceiro Freijomil
COUCEIRO FREIJOMIL, A. (7/1954) El monasterio de Caaveiro. Orzán. 1ª (6), 26-27.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;