Na asemblea de socios do ano 1885 varios socios presentaron unha moción pedindo asistencia médica gratuíta para todos os asociados enfermos. A idea foi aprobada por unanimidade e introducida no regulamento social da entidade. Meses máis tarde a sociedade contratou as casas de saúde «Integridad Nacional», «Garcini» e «La Benéfica» para a atención dos asociados enfermos. Coa crecente necesidade asistencial en 1892 contrátase ademais a denominada «Quinta del Rey».
Metadatos
Data: 00/00/1906
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Medidas:
Localización física: Arquivo da Emigración Galega (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Entidades: Arquivo depositario:Arquivo da Emigración Galega (CCG)