Palacio do Centro Galego da Habana, 1914 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Material

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Palacio do Centro Galego da Habana, 1914

Image 1
Detalle
A primeira pedra deste maxestuoso palacio social foi colocada o 8 de decembro de 1907. Como algo simbólico dita pedra foi trasladada expresamente desde as canteiras de Parga (Lugo). O deseño estivo a cargo do enxeñeiro belga Paul Belau e as obras foron executadas pola empresa norteamericana Purdy & Henderson. A fachada, de estilo neobarroco, de estilo recargado, contaba con numerosos balcóns e catro esculturas de mármol realizadas polo italiano Giuseppe Moretti que representan a beneficencia, a educación, a música e o teatro. Nos altos resaltan en cada esquina unha torre coroada pola figura dun anxo. As obras remataron a finais do ano 1913 e palacio foi inaugurado cunha gran festa en 1914, ano en que foron trasladadas todas as dependencias da entidade para alí.
Metadatos
  • Data: 00/00/1914
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Medidas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo da Emigración Galega (CCG)