Materiais

Canteiros galegos traballando nunha obra en Santos, 1953

Moitos emigrantes da provincia de Pontevedra chegan a Brasil e alí exercen oficios tradicionais da súa terra, como canteiros ou ferreiros. Nos anos 50 o país vive un momento de gran crecemento e desenvolvemento industrial que fai que sexan necesarias a construción de infraestruturas esenciais para o seu despregamento económico. Os galegos traballan neste sector, moitas veces en duras condicións e sufrindo os rigores climáticos, pero con bos soldos que lles permiten mandar cartos ás súas familias en Galicia ou crearen alí un novo fogar.

Compartir:
Image 1