Guía del emigrante en Francia, 1971 | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

Guía del emigrante en Francia, 1971

00/00/1971
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
O Instituto Español de Emigración (IEE) foi creado en 1956. Estaba directamente relacionado coas estratexias políticas e a evolución dos fluxos migratorios cara ao exterior. Editaba unha guía para o emigrante por cada país receptor de traballadores españois. Nesa publicación aparecían contidos de distinta índole: os preparativos para saír de España, as vantaxes e inconvenientes de emigrar en solitario ou coa familia, tipos de contratos de traballo, dereitos e obrigas laborais, costumes, pasos para a reagrupación familiar ou o proceso de escolarización dos fillos e fillas. Ademais achegaba unha ampla listaxe das distintas asociacións de emigrantes rexistradas e que constaban como “centros culturales”. Información peculiar era unha relación de sacerdotes españois para emigrantes, a cantidade de calorías que tiñan os alimentos de maior consumo, os programas de TV para españois e o vocabulario necesario para os distintos ámbitos: laboral, alimentación, saúde, correos e telecomunicacións así como tempo libre. Nesta imaxe pódese apreciar a cuberta colorida da Guía del emigrante en Francia, editada en 1971.
Tipo de material
Documento
Data
00/00/1971
Localizacións
destino: Francia
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega