Manuel Bemposta con dous amigos galegos no seu tempo de lecer, 1972 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Manuel Bemposta con dous amigos galegos no seu tempo de lecer, 1972

00/00/1972
A situación dos traballadores emigrantes en Alemaña non era tan idílica como ás veces queren mostrar nas fotografías que enviaban ás súas familias. Nesta imaxe vemos a Manuel cun compañeiro da fábrica de automóbiles onde traballaba e un amigo tamén emigrante en Alemaña que estaba de visita. Posan felices nunha cervexaría de Sttugart, cidade onde vivían.
Manuel emigrou en 1972, con 22 anos. Traballou durante dous anos e pico como mecánico na fábrica Auto Thomann KG e tiña varios compañeiros galegos, cos que saía gozar dos días libres. O obxectivo prioritario da maioría dos e das emigrantes era traballar uns anos para aforrar todo o posible e retornar á súa terra para montar un pequeno negocio; coa experiencia e credenciais logradas, tamén podían atopar un traballo máis cualificado e mellor pagado en Galicia.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1972
Localizacións
orixe: Sttugart, Alemaña
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Manuel Bemposta Porto