Permiso de traballo dun emigrante galego en Bélxica, 1975 | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

Permiso de traballo dun emigrante galego en Bélxica, 1975

00/00/1975
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Con este certificado emitido polo Goberno belga, o emigrante podía exercer calquera traballo e gozaba dos mesmos dereitos laborais que un traballador belga. Juan, mariñeiro de Ribeira, emigrou en 1953 a Bélxica, onde estivo case trinta anos, ata a súa xubilación. Traballaba para unha compañía navieira e tiña a residencia no país; tan só viña a Galicia para visitar a familia cando tiña vacacións.
Na década dos 50 Bélxica precisou man de obra barata e pouco cualificada para cubrir postos no sector mineiro, na industria siderúrxica e na construción. O Goberno belga facilitaba a acollida dos emigrantes ofertando contratos laborais a través do IEE e pagaba a metade dos gastos da viaxe. Moitos emigrantes entraban no país como turistas e xa alí buscaban traballo, pois dese modo dispoñían de máis opcións laborais. A regularización posterior era fácil e da tramitación administrativa ocupábase o empresario, de modo que o emigrante se desatendía da burocracia española.
Tipo de material
Documento
Data
00/00/1975
Localizacións
orixe: Amberes, Bélxica
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Juan Pérez Domínguez