Retrato de José Fernández Vázquez, máis coñecido como <cite>comandante Soutomaior</cite>, ca. 1961 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Retrato de José Fernández Vázquez, máis coñecido como comandante Soutomaior, ca. 1961

00/00/1961
Militar de formación, foi tenente da Armada republicana durante a Guerra Civil. Unha das súas misións máis coñecidas foi a defensa da ría de Arousa. Durante a II Guerra Mundial estivo en Francia, onde combateu coa Resistencia. Logo de ser apresado, foi internado no campo de exterminio de Auschwitz, onde porén conseguiu sobrevivir. Rematada a guerra exiliouse en Venezuela. Como membro fundador do DRIL, o comandante Soutomaior tivo un papel destacado no secuestro do Santa Maria, pois era o único dos integrantes do comando que tiña coñecementos e experiencia para tripular un barco. Algunhas fontes suxiren que del partiu a idea de navegar en zigzag, para non seren localizados. Despois da liberación do barco obtivo asilo no Brasil e morou uns anos en Cuba, onde traballou como profesor universitario. En 1978 publicou o libro Yo robé el Santa Maria, onde relata as súas experiencias e a finalidade do secuestro. Morreu en Caracas en 1986.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1961
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Luis Federico Fernández Ackermann