Avión das Forzas Aéreas norteamericanas escoltando o Santa Maria, ca. 26 de xaneiro de 1961 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Avión das Forzas Aéreas norteamericanas escoltando o Santa Maria, ca. 26 de xaneiro de 1961

26/01/1961
A intención dos secuestradores era pasar desapercibidos na travesía do barco cara a Africa. O factor sorpresa era clave para o éxito da operación. Porén, logo do desembarco dos tripulantes feridos en Santa Lucía, todo se complicou. E o mundo coñeceu a través da prensa internacional toda a historia.
Os EUA, baixo a batuta dun John F. Kennedy que acababa de asumir a presidencia, decidiu ter a nave baixo vixilancia e control, mais non asaltala, como lle esixía o Goberno portugués. Actuou así de intermediario cos secuestradores, e apoiou a idea de que era un secuestro político e non un acto de pirataría, como defendían Salazar e Franco.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
26/01/1961
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fotografía procedente da publicación: RICO, Francisco (1966): El asalto al “Santa Maria”, Caracas: Ediciones F.I.J.L.