Militares brasileiros e membros do comando do DRIL durante o desembarco en Recife, 4 de febreiro de 1961 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Militares brasileiros e membros do comando do DRIL durante o desembarco en Recife, 4 de febreiro de 1961

04/02/1961
Secuestradores e soldados posan en boa relación coa bandeira de Portugal en primeiro plano. Logo do desembarco da pasaxe, aínda que nun comezo os secuestradores pensaban continuar a súa viaxe cara ao continente africano, as circunstancias obrigáronos a mudar de plan. A tripulación do Santa Maria tamén desembarcou, e o escaso número de membros do comando, 24 homes, facía imposible que puidesen gobernar a nave. A falla de medios económicos foi un factor determinante, ben como as disensións no grupo. O Goberno brasileiro ofreceulles asilo político se entregaban o barco ás autoridades, condición que os membros do DRIL deron en aceptar.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
04/02/1961
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fotografía procedente da publicación: RICO, Francisco (1966): El asalto al “Santa Maria”, Caracas: Ediciones F.I.J.L.