Panorámica da praza García Barbón de Verín, 1918 | Imaxe. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fragmento de publicación impresa

Panorámica da praza García Barbón de Verín, 1918

José García Barbón (homenaxeado/a)
00/00/1918
Cando regresou a Galicia instalouse en Verín. Dono dunha gran fortuna, realizou numerosos investimentos en negocios que, ademais de darlle beneficios, tamén contribuíron á modernización e progreso da súa vila natal e dos seus habitantes. Entre eles podemos mencionar a constitución dun Banco de Crédito Agrícola ou a construción dun hotel balneario no manancial de Cabreiroá. En 1892 entregou 4.000 pesetas para o estudo do trazado do ferrocarril de Verín a Ourense e anos despois foi o promotor e un dos principais accionistas da empresa de coches de liña Automóbiles Ómnibus de Verín, S. A. e da empresa Electra de Verín S. A., que en abril de 1905 comezou a subministrar electricidade a toda a comarca.
A súa actividade benéfica destacou pola súa implicación na mellora das condicións de vida da súa veciñanza co financiamento de diversas obras públicas e educativas. Por todo ese labor a prol dos seus veciños, a corporación municipal nomeou unha praza co seu nome. En 1931 inaugurouse nesta praza un busto seu, obra do escultor Enrique Barros. Verín rendeulle tributo de gratitude ao seu filántropo nunha cerimonia á que asistiu a súa familia, sempre moi vinculada coa vila e coa obra do seu antepasado.
Tipo de material
Imaxe. Fragmento de publicación impresa
Data
00/00/1918
Publicacións
Localizacións
orixe: Verín, Ourense
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Galiciana: Vida Gallega: ilustración regional (1918): Vigo, 100 (25 de xaneiro), 10