A cidade de Vigo engalanada. Pezas arquitectónicas que unen cultura e arte | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

A cidade de Vigo engalanada. Pezas arquitectónicas que unen cultura e arte

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
De acordo cunha das finalidades do Arquivo da Emigración Galega —o desenvolvemento do labor de recuperación da memoria do legado educativo da emigración—, xorde o proxecto titulado As Escolas da Emigración, levado a cabo grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Dentro do marco do citado proxecto realizáronse os planos da Escola de Artes e Oficios de Vigo, obra do arquitecto Michel Pacewicz. O obxectivo foi dar a coñecer os detalles arquitectónicos que fan funcional o edificio e que tanto embelecen o contorno do seu enclave.
O plano alzado da fachada da Escola de Artes e Oficios que dá á rúa de Pontevedra é o que presentamos nesta imaxe. As arquitectas participantes neste proxecto do AEG foron Luz Paz Agra, Marta Marcos Maroño e Almudena Sánchez. A grandes trazos pódese dicir que se trata dun edificio de estilo ecléctico medievalista, no que se pode observar a fermosura da ornamentación variada nas súas fachadas. Para máis detalles técnicos sobre o edificio consultar aquí: As Escolas da Emigración.
Tipo de material
Documento
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega