Avenida de García Barbón, ca. 1909 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Avenida de García Barbón, ca. 1909

O Concello de Vigo acordou poñer o nome de “Avenida de García Barbón” ao que, naquel entón, era un tramo da estrada onde estaba enclavado o fermoso predio Vista Alegre, no que vivía o filántropo. Esta acción tivo que realizarse unha vez falecido este benfeitor, xa que en vida se negou a tal feito e dixo que se iso acontecía el marcharía da cidade de Vigo. Certamente, a modestia tamén era unha das súas características persoais, pois rexeitaba todo alarde de publicidade.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega