José García Barbón e o sentimento de gratitude popular | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

José García Barbón e o sentimento de gratitude popular

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Tras a morte de José García Barbón y Sola, xornais e revistas nacionais e internacionais fixéronse eco do suceso e do pesar sentido, sobre todo polos habitantes de Vigo e comarca. A presenza da súa figura como filántropo e mecenas tivo moito impacto na súa cidade adoptiva. O seu excelente labor de benfeitor deixou unha pegada perenne, que constitúe un elemento máis na configuración da identidade cultural en Galicia. Era un home benevolente que pasaba rapidamente a executar accións de alto poder resolutivo, cubrindo carencias económicas e sociais, nunha comunidade desmotivada pola falta de recursos económicos e culturais. A cidade de Vigo non se podería definir sen a marca García Barbón, que transcende o puramente arquitectónico, representando o ideal dun pobo que merecía a fortuna de acceder ao que máis dignifica ao ser humano: a educación e o traballo.

Tipo de material
Documento
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Galiciana: Mondariz: suplemento de la temporada (1916): Madrid, (20 de febreiro), 8