Portada coa noticia do pasamento de José García Barbón no xornal habaneiro <cite>Galicia</cite>, 3 de abril de 1909 | Documento. Páxina de prensa | Consello da Cultura Galega
Documento. Páxina de prensa

Portada coa noticia do pasamento de José García Barbón no xornal habaneiro Galicia, 3 de abril de 1909

José García Barbón (biografado/a)
03/04/1909
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
A noticia da morte do filántropo foi difundida na prensa da colectividade galega alén mar. O eco foi amplo en Cuba, a onde el emigrara sendo un rapaz de 13 anos. Tras o seu regreso a Galicia, viaxou en varias ocasións á illa por negocios e mantivo as súas amizades alí. O xornal Galicia, un dos máis importantes da prensa galega deses anos, publicou na portada do seu número 14 a noticia da defunción e aproveitou para facer unha exaltación da súa figura e de todas as accións benéficas e filantrópicas que realizara en ambos os dous países. No artigo, asinado polo xornalista Prudencio Canitrot, correspondente do xornal en España, podemos ler: “Este filántropo meritísimo por más de un concepto, merece nuestra gratitud y nuestro elogio, porque sin ostentaciones corruscantes, consagró su vida al engrandecimiento de su tierra, que amó siempre como un verdadero patriota y realizó en su obra de filantropía una provechosa labor de cultura y educación que le granjeó el cariño de sus paisanos [...]”.
Tipo de material
Documento. Páxina de prensa
Data
03/04/1909
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Galicia. Órgano general de la colonia gallega y sociedades regionales de Cuba y defensor de los intereses gallegos en América (1909): A Habana, 14 (3 de abril), 1