Homenaxe da cidade de Vigo ao seu benfeitor, 1927 | Imaxe. Fotografía de escultura | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía de escultura

Homenaxe da cidade de Vigo ao seu benfeitor, 1927

José García Barbón (homenaxeado/a)
00/00/1927
Todas as fontes consultadas falan da humildade de García Barbón e das súas negativas aos intentos de recoñecemento que se lle quixeron tributar en vida. En 1927 a corporación municipal de Vigo organizou unha grande homenaxe na súa honra polas obras benéficas que realizara na cidade. A pegada que deixou nas numerosas xeracións que estudaron na Escola de Artes e Oficios da cidade ou que asistiron ás representacións no teatro que leva o seu nome son unha realidade aínda na actualidade. O 28 de setembro dese ano inaugurouse unha estatua do prócer realizada polo escultor Francisco Asorey. Foi un acto multitudinario que contou coa presenza dos reis de España e de todas as autoridades da cidade, ademais dos veciños anónimos que tanto ben recibiran polo seu mecenado. Fóronlle concedidas a título póstumo as Cruces de Beneficencia e de Isabel a Católica como recoñecemento e agradecemento polos seus servizos a prol da educación e da cultura dos seus conveciños.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía de escultura
Data
00/00/1927
Localizacións
orixe: Vigo, Pontevedra
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega