Ramón de Valenzuela Otero, Silleda (1914) - Sanxenxo (1980) / Imaxe. Portada. Libro/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A literatura galega da posguerra en Ámerica

Ramón de Valenzuela Otero, Silleda (1914) - Sanxenxo (1980)

Image 1
Detalle
Ramón de Valenzuela foi membro do Partido Galeguista e colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Pasou da fronte “nacional” á republicana e estivo na cadea despois da guerra. Marchou a Arxentina en 1949, onde viviu ata 1966.
Non agardei por ninguén (Bos Aires, 1957; Madrid, 1976; Vigo, 1989) foi a primeira novela do autor e formou parte da colección Mestre Mateo, da Editorial Citania de Bos Aires. A súa segunda edición correu por conta da Editorial Akal e a terceira por Xerais. Constitúe a primeira novela galega sobre a Guerra Civil española. Trátase dunha peza máis da narrativa baseada nas experiencias vividas na contenda civil. Constitúe unha obra de gran valor literario e tamén como documento histórico.
Metadatos
  • Data: 00/00/1957
  • Tipo de material: Imaxe. Portada. Libro
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega