Silvio Santiago, Vilardevós (1903) - Santiago de Compostela (1974) | Imaxe. Portada. Libro | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada. Libro

Silvio Santiago, Vilardevós (1903) - Santiago de Compostela (1974)

00/00/1961
A súa actividade sindicalista levouno ao cárcere durante a Guerra Civil, fuxiu a Portugal e despois colleu rumbo a Caracas. Foi un dos autores máis destacados da narrativa no exilio, cunha clara preferencia polos temas da Guerra Civil, seguindo unha perspectiva memorialística cun ton testemuñal. Vilardevós (1961) é unha novela autobiográfica sobre a súa infancia e mocidade, con personaxes e anécdotas que xiran arredor da súa vila natal. O silencio redimido (1976) é outra das pezas narrativas de Silvio Santiago que achega valor á literatura galega no exilio, censurada polo franquismo e publicada na democracia.
Tipo de material
Imaxe. Portada. Libro
Data
00/00/1961
Localización física
Biblioteca Xeral do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega