«Dia dos herois antifascistas» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Dia dos herois antifascistas»

José Humberto Baena (Mencionado/a) · Alexandre Bóveda (Mencionado/a) · Julián Grimau (Mencionado/a) · Daniel Niebla García (Mencionado/a) · Moncho Reboiras (Mencionado/a) · Amador Rey (Mencionado/a)
00/00/1978
Cartel alusivo ás derradeiras execucións practicadas polo Franquismo, o 27 de setembro de 1975. A execución das penas estivo precedida por unha intensa campaña tanto interna como dende o estranxeiro en favor de evitar os fusilamentos, e foi seguida dunha vaga de protestas e denuncias contra o réxime ditatorial.
O cartel expresa unha memoria presente en certos grupos da esquerda sobre os executados, aludindo non (só) á súa condición de vítimas, senón tamén ao seu rol como referentes da loita contra o fascismo e polas liberdades democráticas.
A percepción de que a resolución daquel pasado xogábase tamén naquel presente atópase na selección de nomes sinalados. A cuestión do ‘antifascismo’ como cultura común básica para entender o desenvolvemento da europea sociedade de benestar, voltaba a reclamarse nos derradeiros anos da ditadura franquista. Xa non eran os tempos finais da Segunda Guerra Mundial, e a extraordinaria e anacrónica duración do réxime de Franco transmitía unha sensación de que o tempo se paraba.
Descrición Propaganda de homenaxe aos útlimos fusilados do franquismo (25 de setembro de 1975). Cartaz co lema "Unidade popular contra o fascismo e polas libertades democraticas. Rehabilitación das víctimas do fascismo!". Debuxo coas caras de varios asasinados polo réxime franquista, e dun conxunto de persoas manifestándose.
Especiais
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1978
Medidas
57x43,5
Entidades
Edición: Frente Revolucionario Antifascista y Patriótico [FRAP]
Edición: Partido Comunista de España (marxista-leninista) [PCE-ml]
Edición: Xuventude Comunista de España (marxista-leninista) [XCE ml]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-30
Notas
c.1978
Son mencionados:
-José Luís Sánchez Bravo
-Ramón García Sanz
-Juan Paredes Manot "Tkiki"
-Ángel Otaegui
-Cirpiano Martos
Germán Rodríguez
-José Ignacio Barandarián
-Gustavo Muñoz
-Puig Antich