«Todos ganaremos con Fraga» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Todos ganaremos con Fraga»

José Monteagudo (Mencionado/a) · Francisco Puy Muñoz (Mencionado/a) · Jose Manuel Romay Beccaria (Mencionado/a) · Ramón Sánchez Dopico (Mencionado/a) · Jose Antonio Trillo (Mencionado/a)
Cartel de propaganda electoral de Alianza Popular (AP) para as eleccións de 1982. A descomposición da UCD, xa iniciada co ascenso do PSOE dende a súa ala de centroesquerda, foi ben aproveitada polo proxecto de creación dunha ‘dereita natural’ liderada por Manuel Fraga. Mesmo dende a morte de Franco, o proxecto do líder de Vilalba era captar nunha única organización todo o espectro político do centrodereita. Xerou en pouco tempo unha organización de acomodo para ás elites do aparello político tardofranquista, pero tamén para aqueles representantes dun centro liberal moderado que non querían escoitar para nada as referencias socialistas. Neste bipartidismo político propio das sociedades do estado de benestar occidental, o PSOE representaba a necesaria corrente socialdemócrata e AP, a tendencia española da democracia cristiá.
Descrición Propaganda electoral de AP-PDP para as eleccións de 1982. Foto dunha papeleta coa lista dos candidatos ao congreso na provincia da Coruña.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Medidas
60x43
Entidades
Edición: Alianza Popular
Edición: Partido Demócrata Popular [PDP]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-47
Notas
Aparecen:
María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre
Emilio Durán Corsanego
José María Monteagudo Romaní
José Mato Andrade
Gerardo Jesús Conde Roa
María del Carmen Teijo Cean
Juan Malvar Lema