«Manual para 22 millones de electores» / Documento. Libreto/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Escola de democracia

Material

Escola de democracia

«Manual para 22 millones de electores»

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Libreto informativo de Unión de Centro Democrático (UCD). Neste documento faise énfase nas grandes liñas do seu proxecto político: a moderación, o europeísmo, o reformismo liberal… A identificación entre o Estado impulsor do proceso democrático e o partido Unión de Centro Democrático de Adolfo Suárez era de tal intensidade que a súa propaganda electoral, especialmente nas primeiras eleccións xerais —nunca denominadas ‘constituíntes’—, se confundía intencionadamente. A vontade pedagóxica daqueles primeiros anos e a construción dos hábitos democráticos perdidos na ditadura foron tamén utilizadas no beneficio dun partido pensado por e para levar adiante este tránsito. A imaxe desenvolta de Adolfo Suárez propiciou a creación de organizacións políticas na nova democracia con fortes liderados persoais. A súa figura foi fundamental neste sentido, con gran prestixio e capaz de integrar arredor de si o consenso necesario a través dun liderado personalista que se viu reproducido máis adiante en figuras como a de Felipe González.
Descrición
Libreto informativo de UCD sobre o funcionamento do sistema político español. Explica en que consiste e como funciona a Reforma Política, as eleccións xerais, as coalicións políticas etc, a través de texto e viñetas. Tamén se expoñen as principais propostas programáticas do partido e a listaxe de candidatos ao Congreso e ao Senado por cada provincia.
Metadatos