Outra natureza por descubrir / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto

Outra natureza por descubrir

Image 1
Detalle
O concepto que tiña Gumersindo Busto de transmisión do coñecemento, a través do material recompilado para a Biblioteca América, abranguía non só a colección bibliográfica, numismática ou cartográfica, senón tamén o patrimonio referido á historia natural de América, polo que tería representación propia unha considerable mostra de fauna, flora e minerais procedentes do fermoso continente americano. A colección zoolóxica estivo representada principalmente por animais disecados, fundamentalmente aves (196), seguidas de mamíferos (7), anfibios (3) e tamén algúns réptiles. Ademais conta cunha colección botánica e de mostras de minerais. O destino definitivo de todo o material foi o Museo de Historia Natural da universidade compostelá.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Localizacións:
    orixe: Santiago de Compostela, Galicia;