A Liga de Damas Católicas de Uruguay e a súa valiosa contribución ao proxecto galego da Biblioteca América | Documento. Publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Documento. Publicación impresa

A Liga de Damas Católicas de Uruguay e a súa valiosa contribución ao proxecto galego da Biblioteca América

00/08/1929
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Laura Carrera de Bastos, presidenta da Liga de Damas Católicas de Uruguay, foi unha importante figura de apoio ao movemento que Gumersindo Busto iniciou en Bos Aires. Ela participou de maneira activa en todo o proceso de recompilación, selección e traslado de libros e obxectos destinados a enriquecer os fondos da Biblioteca América. Laura e outras mulleres da alta sociedade uruguaia bordaron o sol dourado na súa bandeira, coa hasta de prata cicelada. Tamén foi agasallo exclusivo desta comisión un precioso álbum coas páxinas engarzadas persoalmente por estas damas. Ademais, destaca a doazón do busto en bronce fundido de José Enrique Rodó (1872-1917) por parte da Comisión Pro-Acercamiento Intelectual Iberoamericano, creada no seo desta asociación.
Tipo de material
Documento. Publicación impresa
Data
00/08/1929
Localizacións
orixe: Montevideo, Uruguai
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega