Celebración do centenario da Biblioteca América (1904-2004) | Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa

Celebración do centenario da Biblioteca América (1904-2004)

00/00/2004
En 2004 a USC organizou diversas actividades para conmemorar o centenario da creación da Biblioteca América e homenaxear o seu creador. Uns anos antes a profesora de Historia de América da USC Pilar Cagiao Vila comezou a dirixir un proxecto de investigación sobre esta biblioteca titulado «100 años de relaciones culturales España-América Latina» e encargouse, xunto co seu equipo, de facer unha nova catalogación temática e pormenorizada dos seus fondos.
Neste centenario organizáronse numerosas actividades a prol do coñecemento da Biblioteca e do seu promotor: publicáronse varias investigacións e libros, entre os que destaca este coordinado pola profesora Cagiao, no que se analiza a historia da creación da Biblioteca América e o contexto histórico no que foi ideada, así como a catalogación temática dos seus fondos. Tamén se realizaron unha serie de ciclos de conferencias e un coloquio internacional sobre bibliografías americanistas singulares. Ademais, contou cun programa de concertos a partir dos documentos musicais orixinais existentes nos fondos. Tamén tivo ampla difusión unha magnífica exposición sobre a Biblioteca.
Conservar e divulgar este acervo bibliográfico, museístico e cultural é unha tarefa que a USC leva a cabo dende hai décadas.
Tipo de material
Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa
Data
00/00/2004
Entidades
Emisión: Universidade de Santiago de Compostela
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela, Galicia
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Universidade de Santiago de Compostela