Fernando Blanco de Lema: «El coloso de la beneficencia» | Documento. Artigo | Consello da Cultura Galega
Documento. Artigo

Fernando Blanco de Lema: «El coloso de la beneficencia»

22/11/1902
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Galicia. Revista Semanal Ilustrada foi fundada na Habana en 1902 e dirixida por Vicente López Veiga. Este artigo da citada publicación resalta a grande acción filantrópica de Fernando Blanco de Lema: «[G]igantesta labor de un hombre que aplica su capital en fomentar una de las obras de misericordia más admirables: la de enseñar al que no sabe».
Destaca a gratuidade do ensino no colexio-instituto e escolas de Santa María de Cee, sufragado ata onde chegase o capital destinado a este fin despois do falecemento do seu benfeitor. Ademais amosa a relación de apoderados, testamenteiros e fideicomisarios que se foron encargando de levar á práctica os desexos que deixou plasmados Fernando Blanco como testador: Antonio Vázquez Queipo, Juan Álvarez Baldonedo, Brígido Zavala, Anselmo Rodríguez Y Domínguez, Vicente Vázquez Queipo, Vicente Quiroga Vázquez, Anselmo Rodríguez Cadavid e Emilio Hermida Álvarez.
Tipo de material
Documento. Artigo
Data
22/11/1902
Localización física
Real Academia Galega
Notas
Fondo: Real Academia Galega