Profesoras e alumnas desenvolvendo o seu talento musical. Cee, 1910 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica

Profesoras e alumnas desenvolvendo o seu talento musical. Cee, 1910

Image 1
Detalle
Dous anos despois da inauguración do centro educativo, comezaron a impartirse as clases de música, durante o curso 1888-1889, cunha hora e media de duración. Alumnos e alumnas recibían as clases en días alternos, para non coincidir. O primeiro curso contou con 30 discentes que aprendían solfexo, canto, piano e violín.
A aula de música contaba con abundantes e variados instrumentos de corda e vento e con tres pianos. A formación musical do alumnado faise notoria coa distribución de premios outorgados no centro. O profesorado tiña un alto nivel de preparación, como é o caso do profesor García Jiménez, quen participa na creación do Orfeón de Cee en 1892, constituído por 25 voces.
Metadatos
  • Data: 00/00/1910
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Localización física:
    Fundación Fernando Blanco de Lema. Cee
  • Notas:
    Fondo: Arquivo da Fundación Fernando Blanco de Lema