Sobre os beneficios da Fundación Fernando Blanco á vila de Cee. Memoria do curso 1893-1984 / Documento. Publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica

Sobre os beneficios da Fundación Fernando Blanco á vila de Cee. Memoria do curso 1893-1984

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Presentamos esta Memoria escrita e lida por Enrique Ortiz de Lanzagorta y Garrido, profesor e secretario do colexio-instituto de primeiro e segundo ensino de Santa María de Cee. Nela aparece unha detallada información sobre o funcionamento e beneficios académicos obtidos durante o curso 1893-1894.
Tras indicar a importancia de Fernando Blanco na transformación de Cee como vila, ao contar cun colexio para nenos, nenas e adultos «montado a la altura de los mejores de Europa», destácase o importante papel desenvolvido polos testamenteiros-fideicomisarios e apoderados en España á hora de cumprir o encargo do filántropo ceense.
Tamén hai unha relación do persoal facultativo para o antedito curso, xunto coa titulación académica e rama de procedencia de cada un dos membros: director, vicedirector, secretario, profesorado de segundo ensino, especial, de música e de primeiro ensino. Os empregados e dependentes desta institución tamén se mencionan, como é o caso do director espiritual, capelán, médico, farmacéutico, administrador, escribente, telefonista, bedel, carpinteiro e xardineiro.
Constan, ademais, as materias impartidas para o ensino secundario, os estudos aplicados de comercio, clases de adorno (debuxo e música), primeiro ensino, relación do alumnado matriculado e cualificacións alcanzadas, sen esquecer o cadro de honra do correspondente curso.
Metadatos
  • Data: 00/00/1894
  • Tipo de material: Documento. Publicación impresa
  • Localización física:
    Biblioteca de Galicia
  • Notas:
    Fondo: Biblioteca de Galicia