Escola de nenas. Cee, 1917 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Escola de nenas. Cee, 1917

00/00/1917
Nesta escola impartíanse aulas a párvulos ata os 7 anos e a nenas, de xeito exclusivo, ata os 14 anos. As xestións para a construción do edificio non estiveron exentas de polémica veciñal. O soar da casa natal de Fernando Blanco non era suficiente para levantar unha escola co seu xardín de recreo. Houbo que comprar varias propiedades lindeiras ata chegar aos 935 metros cadrados. A proximidade do cemiterio municipal era outro problema que tivo que resolverse co seu cambio de localización. O 30 de abril de 1882 tivo lugar a cerimonia de colocación da primeira pedra. Finalmente, en 1887 comezou o primeiro curso de ensino primario para os nenos e nenas máis pequenas da vila, con acceso a grandes coleccións de recursos didácticos innovadores e imprescindibles para un bo proceso de ensino-aprendizaxe, cumpríanse así sobradamente as esixencias lexislativas da época.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1917
Localización física
Fundación Fernando Blanco de Lema. Cee
Notas
Fondo: Arquivo da Fundación Fernando Blanco de Lema