Alumnos do colexio-instituto Fernando Blanco. Cee, 1928 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Alumnos do colexio-instituto Fernando Blanco. Cee, 1928

00/00/1928
Este grupo de rapaces posa ante a cámara do renomeado fotógrafo Ramón Caamaño Bentín, nacido en Muxía en 1908. Foi un dos primeiros profesionais que retratou a paisaxe, habitantes, festas e tradicións da Costa da Morte. Considerado un dos mellores fotógrafos do ámbito rural galego, realizou fotografías de verdadeiro interese documental. Na imaxe percíbense as diferentes actitudes na postura dos rapaces, moitos co manual e a libreta escolar nas mans, coa esperanza posta na aprendizaxe e adquisición de coñecementos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1928
Localización física
Fundación Fernando Blanco de Lema. Cee
Notas
Fondo: Arquivo da Fundación Fernando Blanco de Lema