Sempre no recordo: o monumento conmemorativo da vila de Cee ao seu fillo predilecto / Imaxe. Fotografía de escultura/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica

Sempre no recordo: o monumento conmemorativo da vila de Cee ao seu fillo predilecto

Image 1
Detalle
No imaxinario colectivo da vila de Cee está presente a gratitude cara a este indiano. Grazas á súa cuantiosa doazón a prol da educación e a cultura, esta comarca galega presenta unha porcentaxe moi alta de alfabetización e de formación académica entre os seus habitantes.
En 1973 o Concello encárgalle ao escultor Andrés Barbazán Ferreira un monumento para homenaxear a súa figura e difundila entre as novas xeracións. Os e as veciñas de Cee expresan así o seu agradecemento, tal como se pode ler nunha placa ao pé da estatua: «A Don Fernando. Promotor de la enseñanza. Eterna gratitud. Octubre 1973». A estatua, de corpo enteiro, é de bronce fundido e domina todo o conxunto conmemorativo, que está formado por un pedestal con forma de prisma cuadrangular inserido nun cono invertido, cun amplo baseamento sobre o que van colocadas dúas parellas de figuras alegóricas da infancia e da educación. Instalouse diante da escalinata de entrada ao colexio-instituto. Neses anos a xestión do centro fora traspasada ao Ministerio de Educación e funcionaba como instituto de formación profesional. Ademais desa homenaxe, unha das principais rúas da vila pasou a ter o nome deste indiano exemplar.
Metadatos
  • Data: 00/00/2008
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía de escultura
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega