Material
Historias de ida e volta
O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
Maqueta do corpo humano, un recurso máis para o coñecemento científico do alumnado. Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, Cee
Detalle
O colexio Fernando Blanco foi dotado cos mellores e máis innovadores recursos pedagóxicos. Inxentes cantidades de capital foron destinadas á compra de material didáctico e mobiliario para dotar o centro: mesas de debuxo, libros de texto, pupitres, maquetas variadas, aparatos de laboratorio para os Gabinetes de Física e Química, material orgánico e inorgánico, exemplares para o Gabinete de Historia Natural, instrumentos e reducidas máquinas para o Gabinete de Agricultura.Nesta imaxe atopámonos con material pedagóxico destinado para as clases de Organografía e Fisioloxía Humana. Trátase do modelo anatómico coñecido como home clástico do Dr. Louis Auzoux. Os primeiros modelos que chegaron a España recibíronos a Facultade de Medicina de Madrid en 1873 e a de Santiago de Compostela en 1874. Os institutos españois comezaron a súa incorporación para as clases de Fisioloxía e Hixiene a partir de 1868, a través da firma francesa de material científico de Émile Deyrolle.


